• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Programación actividades Casa das Mulleres: xaneiro a xuño 2021
13/01/2021    Máis novas
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo abre o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán (en formato virtual e/ou presencial con grupos reducidos) na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20):

OBRADOIRO “INICIACIÓN Á ESCRITA CREATIVA”
Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.

ESCOLA FEMINISTA DE EMPODERAMENTO: CREANDO SORORIDADE
Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.

CURSO DE FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA PROFESIONAIS (en liña, 26 horas, febreiro 2021)
Destinado a: homes e mulleres maiores de 18 anos con perfil profesional nos eidos social e de educación formal e non formal.

OBRADOIRO “COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS”
Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.

CURSO DE FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA MONITORADO DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E DO OCIO E TEMPO LIBRE
Destinado a: monitorado de animación sociocultural e de ocio e tempo libre.

PROCESO DE INSCRICIÓN:

Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición adxunta (formato editable) e unha vez firmada deberá enviarse á Concellería de Igualdade ou á Casa das Mulleres. Enviarase unha ficha por cada unha das actividades solicitadas.

Prazo de inscrición: dende a publicación da presente convocatoria e ata cubrir prazas.

Presentación da Ficha de inscrición:
Con carácter preferente: enviar a ficha de inscrición asinada por vía telemática (casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org)

No caso que non sexa posible a vía telemática, contactar co teléfono 986 442 194 da Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30, para solicitar cita de cara a entrega presencial da ficha de inscrición asinada.

Criterios de admisión nas actividades:
Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con grupos reducidos e aforo limitado e que as persoas inscritas aceptan cumprir coa normativa interna en relación a prevención sanitaria fronte á covid-19

Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran algún curso sobre a mesma materia.
Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude.

Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono

Protocolo Covid-19:
Pola seguridade das usuarias da Casa das Mulleres tense aplicado un protocolo en virtude do cal todas as participantes aceptan o uso correcto e permanente da máscara, a desinfección de mans, a medición de temperatura, o distanciamento de seguridade entre as participantes e a redución dos aforos.

Deberanse respectar as normas de funcionamento interno e as instrucións que lle transmita o persoal do centro.

Asemade, ao iniciar a actividade para a que se está inscrita asinarase unha declaración responsable en como nos 14 días previos non se padeceu sintomatoloxía que puidese ser compatible coa covid-19.

Para maior información sobre contidos, calendarización, folla de inscrición, etc descargar documentos adxuntos:

ARQUIVOS ADXUNTOS:
programa_actividades_xaneiro_xuno_2021_pax_3.jpg  1130 KB
programa_actividades_xaneiro_xuno_2021_pax_1.jpg  1136 KB
programacion_xaneiro_xuno_2021_Casa_das_Mulleres.pdf  334 KB
programa_actividades_xaneiro_xuno_2021_pax_2.jpg  1348 KB
ficha_de_inscricion_en_formato_editable.pdf  285 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100