• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Actividade aprazada.Visita guiada á ruta en feminino "Sons de mulleres" a cargo de María Casar
10/03/2020    Máis novas
Aplázanse as actividades programadas e pendentes de realizar previstas en marzo dentro do programa de actos polo Día Internacional das Mulleres
Co obxecto de previr, na medida das nosas posibilidades, contaxios do virus Covid-19 na nosa cidade, e facendo un exercicio de responsabilidade, comunicamos que as actividades que quedan pendentes de realizar dentro do programa de actos que o Consello Municipal da Muller e o Concello de Vigo tiñan organizado no mes de marzo con motivo do Día Internacional das Mulleres quedan aprazadas.
Así, a entrega do VIII Premio de Igualdade "Ernestina Otero" a María Xosé Porteiro, a visita guiada á ruta en feminino "Sons de Mulleres", a proxección do filme "La directora de orquesta" e a actuación musical do grupo "DE VACAS" quedan aprazadas.

A organización fixará novas datas para estas actividades que serán difundidas coa suficiente antelación nesta paxina web www.igualdadevigo.org e nas redes sociais da Concellería de Igualdade "IgualdadeVigo"




O sábado 14 de marzo da man de María Casar percorreremos a ruta en feminino "Sons de Mulleres.
15 puntos integran este roteiro, que ten como obxectivo visibilizar ás mulleres que, individual ou colectivamente, teceron a historia de Vigo.

O Roteiro em Feminino “Sons de mulleres” lévanos por quince pontos, situados, fundamentalmente no casco histórico polos que dun ou doutro xeito, as mulheres deixarom a súa pegada e a súa contribución á identidade de Vigo, aínda que a propia historia da cidade as teña silenciadas.

No Roteiro hai espacios que son froito das reivindicacións e do traballo máis recente do Movemento Feminista: a Praza 8 de Marzo, o Centro de Documentación Feminista ou a Casa das Mulleres; lugares que recuperam a memoria de mulleres vítimas da represión franquista: Urania Mella, Olimpia Valencia ou Rosario Hernández -A Calesa-, que loitaron pola liberdade nas rúas da cidade, nos sindicatos e na vangarda cultural e mesmo nas barricadas da resistencia; espacios de Pedagogas que defenderon os dereitos das mulleres, loitando por unha educación que aínda hoxe é soño de futuro: Concepción Arenal, Ernestina Otero ou Antia Cal; lugares de creación artística e literaria, como foi a imprenta de Juan Compañel onde Rosalía de Castro sacou do prelo en 1863 “Cantares gallegos”; e lugares que recoñecen o compromiso político, o traballo nas conserveiras, na ribeira do Berbés ou as ostreiras, nos lavadoiros comunais ou nos mercados, ou ás mulheres que tiveron que emigrar.


Data: sábado 14 de marzo ás 11:00 h
Punto de encontro: Paseo de Afonso


Máis información nos arquivos adxuntos

ARQUIVOS ADXUNTOS:
folleto_informativo_visita_guiada_marzo_2020.pdf  331 KB
55526933_2386674148012012_9115404650751721472_n.jpg  132 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100