• 8 de Marzo
Día Internacional da Muller • 25 de Novembro Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller |
||
Novas |
Web Concellería
Web Violenciade Igualdade de Xénero Violencia Sexual na Xuventude |
Novas
Aviso:aprázanse as actividades programadas, e pendentes de realizar, previstas en marzo dentro do programa de actos polo Día Internacional das Mulleres 11/03/2020 Máis novas Aprázanse as actividades programadas, e pendentes de realizar, previstas en marzo dentro do programa de actos polo Día Internacional das Mulleres Co obxecto de previr, na medida das nosas posibilidades, contaxios do virus Covid-19 na nosa cidade, e facendo un exercicio de responsabilidade, comunicamos que as actividades que quedan pendentes de realizar dentro do programa de actos que o Consello Municipal da Muller e o Concello de Vigo tiñan organizado no mes de marzo con motivo do Día Internacional das Mulleres quedan aprazadas. Así, a entrega do VIII Premio de Igualdade "Ernestina Otero" a María Xosé Porteiro, a visita guiada á ruta en feminino "Sons de Mulleres", a proxección do filme "La directora de orquesta" e a actuación musical do grupo "DE VACAS" quedan aprazadas. |