• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Aberto o prazo de inscrición para o Obradoiro de Autoprotección para mulleres
12/03/2020    Máis novas
Dirixido a mulleres maiores de 18 anos empadroadas en Vigo, agás alumnas derivadas polo Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.

Obxectivos e contidos:
O obxectivo deste obradoiro é proporcionarlles ás asistentes uns coñecementos e habilidades básicas de autoprotección que lles permitan mellorar a súa seguridade persoal e ter un plan de seguridade con medidas que lles axuden a previr a agresión, ou, senón fose posible, saír dela con máis garantías. Estes coñecementos están pensados para que poidan ser de utilidade ante calquera imprevisto de carácter violento que poida acontecerlles na súa vida particular.



No transcurso das sesións formativas as alumnas aprenderán a identificar situacións de risco, a estar alerta ante tentativas de agresión, e aprenderán e practicarán habilidades, técnicas e recursos para a súa protección e defensa... Esta formación permitiralles mellorar a súa capacidade de reacción, a súa autoestima e a súa confianza persoal.

As sesións serán impartidas por instrutores da Policía Local. Lugar: instalacións da Policía Local.
A folla de inscrición deberá remitirse cuberta e asinada preferentemente ao seguinte enderezo electrónico ofi.muller@vigo.org. Só nos casos nos que non se poida realizar a inscrición vía email poderá realizarse persoalmente na Concellería de Igualdade (1º andar da Casa do Concello), de luns a venres en horario de 9:00 a 13.30 h.
Pódese consultar a información completa da actividade (datas, horarios, procedemento de inscrición, etc) no arquivo informativo adxunto así como descargar a folla de inscrición en formato editable.

ARQUIVOS ADXUNTOS:
informacion_Curso_autoproteccion_para_mulleres._Concelleria_de_Igualdade.pdf  132 KB
FOLLA_DE_INSCRICIoN_AUTOPROTECCIoN_2020.pdf  127 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100