• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Formacion Online en Igualdade para monitorado de Animación Sociocultural e de Ocio e Tempo Libre
11/06/2020    Máis novas
Formación Online en Igualdade para monitorado de Animación Sociocultural e de Ocio e Tempo Libre

A Concellería de Igualdade reanuda o prazo de inscrición para participar no curso de formación en Igualdade dirixido ao monitorado de animación sociocultural e de ocio e tempo libre.

O curso ten unha duración de 20 horas que se realizará 100% de forma online

ORGANIZA:
Concellería de Igualdade do Concello de Vigo

FORMADORA:
Cristina Rodríguez Ramos, experta en Xénero e Igualdade de Oportunidades.

ACTIVIDADE GRATUÍTA.

DATAS E HORARIO:
Horario presencial online: sesións teóricas cunha carga lectiva de 10h que se realizarán durante o martes 16, mércores 17, xoves 18 e luns 22 de xuño de 18:00 a 20:30 h. As outras 10 horas de carga lectiva corresponderanse con traballos individuais sobre os temas tratados en cada módulo, análise de recursos audiovisuais, etc. Estes traballos enviaranse á formadora antes do comezo de cada sesión.

INSCRICIÓN :
Prazo de inscrición aberto ata cubrir as prazas. Prazas limitadas.
A ficha de inscrición remitirase cuberta e asinada a un dos seguintes enderezos electrónicos: ofi.muller@vigo.org ou casadasmulleres@vigo.org

Por orde de inscrición terán prioridade as persoas empadroadas en Vigo e que non realizasen con anterioridade este curso. As prazas vacantes distribuiranse entre o monitorado dos campamentos de verán do Concello de Vigo.
Confirmarase ás persoas inscritas se obteñen praza no curso

ACREDITACIÓN:
Entregarase un diploma acreditativo do aproveitamento do curso. Para poder obter este diploma, deberase asistir e ter un aproveitamento do curso de ao menos o 80% do total das horas así como unha calificación de APTA por parte da formadora.


Máis información (obxectivos,contidos, metodoloxía, etc) e ficha de inscrición (pdf editable) en arquivos adxuntos

ARQUIVOS ADXUNTOS:
programa_formacion_online_en_igualdade_para_monitorado.pdf  179 KB
programa_formacion_online_en_igualdade_para_monitorado.jpg  1486 KB
folla_de_inscricion_editable.pdf  129 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100