Novas
Convocatoria de actividades que se desenvolverán na Casa das Mulleres no período setembro a decembro 2021
09/09/2021 Máis novasA Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán na Casa das Mulleres (Romil 20):
- OBRADOIRO INICIACIÓN Á ESCRITA CREATIVA
- ESCOLA FEMINISTA DE EMPODERAMENTO: CREANDO SORORIDADE
- OBRADOIRO CREATIVIDADE COTIÁ-O MAPA DOS DÍAS: ESPERTAR A CREATIVIDADE QUE HAI EN TI
- CURSO DE FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA PROFESIONAIS
OBRADOIRO “INICIACIÓN Á ESCRITA CREATIVA”
• Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.
• Formadora: Andreia Costas Otero.
• Obxectivos:
◦ Achegar a escrita literaria para canalizar e transmitir experiencias propias e alleas.
◦ Aprender a analizar e debater un texto literario dun xeito obxectivo: o fondo e forma na escrita das mulleres.
◦ Escribir cunha riqueza léxica e estruturada; concisa para transmitir e comunicar con precisión as emocións, os desexos e as experiencias.
• Contidos:
◦ Ferramentas de coñecemento para experimentar cos distintos xéneros literarios, tanto da prosa como da poesía.
◦ Xogos lingüísticos.
◦ Formatos de literatura breve: nanorelato, conto e relato, microrrelatos, haikus e o verso libre.
◦ Outros xéneros: ensaio, periodismo e dramaturxia.
• Formato: presencial, con grupo reducido
• Temporalización:
◦ Duración: 10 sesións. 20 horas.
◦ Datas: mércores, do 29 de setembro ata o 1 de dedembro.
◦ Horario: de 18:00 a 20:00.
• Inscrición e participación na actividade:
◦ Inscrición previa (ver proceso de inscrición)
◦ Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada e cumprir coa normativa interna en relación a prevención sanitaria fronte á Covid-19.
ESCOLA FEMINISTA DE EMPODERAMENTO: CREANDO SORORIDADE
• Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.
• Formadora: Cristina Rodríguez Ramos.
• Obxectivos:
◦ Crear un espazo para o debate, aprendizaxe, reflexión e intercambio de experiencias das participantes.
◦ Promover unha comunicación libre de xuízos e prexuízos, onde as mulleres atoparán un clima de confianza no que poderán expresarse e comentar, desde o enfoque de xénero, temas de interese e actualidade, fomentando a súa participación social.
◦ Propiciar a sororidade, tecendo redes de apoio e solidariedade entre as participantes.
• Formato: presencial, con grupo reducido.
• Temporalización:
◦ Duración: 12 sesións. 15 horas. Incorporación aberta durante o período de actividade (ata cubrir prazas).
◦ Datas: xoves, do 30 de setembro ata o 16 de decembro.
◦ Horario: de 18:00 a 19:30.
• Inscrición e participación na actividade:
◦ Inscrición previa (ver proceso de inscrición)
◦ Grupos con prazas limitadas
OBRADOIRO “CREATIVIDADE COTIÁ- O MAPA DOS DÍAS: DESPERTAR A CREATIVIDADE QUE HAI EN TI”
• Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.
• Formadora: Graciela Baquero.
• Obxectivos: recoñecer os nosos dons (o tesouro que levamos dentro), coñecer e usar o cotiá como campo de creación, superar o medo ó fracaso.
• Descrición: A través deste obradoiro intentaremos convertir o noso mundo cotián (a nosas historias, os obxetos que nos rodean e as tarefas que facemos diariamente) en ARTE. Arte na amplitude da palabra (escritura, pintura, canto, baile, actuacións,... Traballar a actitud creativa, despertar nosa creatividade para poder transmitir o que queremos dicir.
• Contidos:
◦ Presentarnos: Hacernos presentes
◦ A actitude creativa: Técnicas de desbloqueo
◦ O “non sei” xenerador.
◦ A atención. O arte da escoita
◦ Cicatrices: recoñecer a beleza do noso propio corpo
◦ O misterio: material de emoción.
◦ Recoñecernos no traballo das nosas ancestras.
◦ A comunicación: crear redes de emoción e coñecemento.
• Formato: presencial, con grupo reducido
• Temporalización:
◦ Duración: 20 horas en 10 sesións.
◦ Datas: martes, do 5 de outubro ao 21 de decembro (non lectivos 12 de outubro e 7 de decembro).
◦ Horario: de 18:00 a 20:00 h.
• Inscrición e participación na actividade:
◦ Inscrición previa (ver proceso de inscrición)
◦ Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada e cumprir coa normativa interna en relación a prevención sanitaria fronte á covid-19
CURSO DE FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA PROFESIONAIS (en liña, 26 horas, outubro 2021)
• Destinado a: homes e mulleres maiores de 18 anos con perfil profesional nos eidos social e de educación formal e non formal.
• Formadora: Cristina Rodríguez Ramos, experta en xénero e igualdade de oportunidades
• Obxectivo: facilitar a incorporación da perspectiva de xénero no traballo cotián dentro dos eidos social e educativo.
• Contidos:
◦ Introdución á perspectiva de xénero. Consecuencias da socialización diferenciada
◦ A transversalidade aplicada ao ámbito social e da educación: a coeducación.
◦ Elementos clave para a planificación coeducativa: a comunicación (linguaxe e imaxes), materiais didácticos, habilidades sociais.
◦ Prevención, detección e orientación no ámbito da violencia machista. Como intervir ante un posible caso.
• Metodoloxía en liña: 26 horas soportada sobre Google Classromm e Google Meet (enviarase procedemento a cada persoa inscrita). As sesións teóricas supoñen unha carga lectiva de 18 horas e consistirán en exposicións dos contidos, para o que se empregarán documentos, vídeos e chat coa docente. As 8 horas restantes corresponderanse con traballos individuais (a subir á plataforma) relacionados cos temas tratados.
• Calendario: 6 sesións en liña: 18,19, 20, 25, 26 e 27 de outubro. De 18.00 a 21.00.
• Acreditación: Entregarase un diploma acreditativo do aproveitamento do curso. Para poder obter este diploma, deberase asistir e ter un aproveitamento do curso de cando menos o 80%, así como unha cualificación de apta. A avaliación comprenderá tres aspectos: asistencia, probas teóricas e prácticas realizadas e actitude participativa e respectuosa.
• Inscrición e participación na actividade:
◦ Inscrición previa (ver proceso de inscrición)
◦ Grupos con prazas limitadas
PROCESO DE INSCRICIÓN:
• Prazo de inscrición: dende a publicación da presente convocatoria e ata cubrir prazas.
• Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición (descargar en formato editable). O curso de formación en igualdade para profesionais ten unha ficha específica (descargar en formato editable).
• Presentación da Ficha de inscrición: Enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org
No caso que non sexa posible a vía telemática, contactar co teléfono 986 442 194 da Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30, para solicitar cita de cara a entrega presencial da ficha de inscrición asinada.
• Criterios de admisión nas actividades: Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran algún curso sobre a mesma materia. Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude.
Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con grupos reducidos e aforo limitado e que as persoas inscritas aceptan cumprir coa normativa interna en relación a prevención sanitaria fronte á Covid-19.
• Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono
Arquivos a descargar:
• Cartel coa programación das actividades (descargar en formato .pdf e .jpg)
• Ficha de inscrición xeral (descargar en formato editable)
• Ficha de inscrición do Curso de formación en igualdade para profesionais (descargar en formato editable).
PROTOCOLO COVID-19:
Pola seguridade das usuarias da Casa das Mulleres tense aplicado un protocolo en virtude do cal todas as participantes aceptan o uso correcto e permanente da máscara, a desinfección de mans, a medición de temperatura, o distanciamento de seguridade entre as participantes e a redución dos aforos.
Deberanse respectar as normas de funcionamento interno e as instrucións que lle transmita o persoal do centro.
Asemade, ao iniciar a actividade para a que se está inscrita asinarase unha declaración responsable en como nos 10 días previos non se padeceu sintomatoloxía que puidese ser compatible coa COVID-19, así como que non se estivo nese período en contacto con ninguha persoa que sexa caso positivo de Covid ou sospeitosa de selo.
ARQUIVOS ADXUNTOS:
CdM___Planificacion_2021_4T.pdf 310 KB
CdM___Planificacion_2021_4T_Pagina_1.jpg 1100 KB
CdM___Planificacion_2021_4T_Pagina_2.jpg 1414 KB
CdM_05___Ficha_Inscricion_Out21___Profesionais.pdf 338 KB
CdM_05___Ficha_Inscricion_Set21.pdf 290 KB