• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Curso de Formación en Igualdade para profesionais (online e presencial) 26 horas
16/10/2020    Máis novas
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para participar no

"Curso de Formación en Igualdade para profesionais".
Este curso terá unha duración total de 26 horas , que se desenvolverán nos meses de outubro e novembro de 2020 de forma online e presencial.

Persoas destinatarias:
Poderán inscribirse homes e mulleres maiores de 18 anos que teñan perfil profesional nos eidos social e de educación formal e non formal.

Obxectivo:
O obxectivo da formación é facilitar a incorporación da perspectiva de xénero no traballo cotián dentro dos eidos social e educativo.

Calendario:
Realizaranse 8 sesións:
6 sesións online : luns 26, martes 27 e mércores 28 de outubro; e luns 2, martes 3 e mércores 4 de novembro de 17:30 a 20:30 h
2 sesións presenciais: o venres 30 de outubro e o venres 6 de novembro de 17:30 a 21:30 h.

Inscricións:
Remitirase a folla de inscrición cuberta e asinada a un dos seguintes enderezos electrónicos: casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org
Prazo: ata cubrir as prazas.
Outorgaranse as prazas por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas en Vigo

Acreditación:
Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo do seu aproveitamento. para poder obter este diploma, deberase asistir e ter un aproveitamento do curso de ao menos o 80% de todas as horas, así como unha cualificación de apta. A avaliación comprenderá tres aspecto: asistencia, probas teóricas e prácticas realizadas e actitude participativa e respectuosa.

Protocolo Covid-19:
grupo reducido con aforo limitado. A participación na actividade condicionarase a ter praza confirmada e cumprir coa normativa interna en relación á prevención sanitaria fronte á Covid-19.

Nos arquivos adxuntos pódese pódese obter o programa completo do curso e a folla de inscrición en formato editable para que se poida encher e despois de firmar enviar a un dos enderezos electrónicos mencionados.

ARQUIVOS ADXUNTOS:
folla_de_inscricion_formato_editable_curso_formacion_igualdade_para_profesionais.pdf  286 KB
Programa_curso_formacion_en_Igualdade_para_profesionais_(online_e_presencial).pdf  186 KB
program_curso_formacion_en_igualdade_para_profesionais_(online_e_presencial).jpg  1372 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100