• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Curso de Formación en Igualdade para monitorado de Animación Sociocultural e de Ocio e Tempo Libre (online e presencial) 26 horas
30/10/2020    Máis novas
Destinado a: monitorado de animación sociocultural e de ocio e tempo libre

Formadora: Cristina Rodríguez Ramos, experta en Xénero e Igualdade de Oportunidades

Obxectivo: facilitar a incorporación da perspectiva de xénero no traballo nos eidos da animación sociocultural e do tempo libre.


Contidos:
− Introdución á perspectiva de xénero. Socialización de xénero e as súas consecuencias.
− A transversalidade aplicada ao ámbito do tempo libre: a coeducación.
− Elementos clave para a planificación coeducativa: a comunicación (linguaxe e imaxes),
materiais didácticos, habilidades sociais.
− Prevención, detección e orientación no ámbito da violencia machista. Como intervir ante un posible caso.

Metodoloxía mixta: 26 horas de formación online soportada sobre Google Classromm
(enviarase procedemento a cada persoa inscrita). As sesións teóricas supoñen unha carga
lectiva de 18 horas e consistirán en exposicións dos contidos empregando documentos, vídeos e chat coa docente. As sesións prácticas serán presenciais e correspóndense coas restantes 8 horas e abordarán dinámicas, análise de spots, vídeo-clips, curtametraxes, documentais, etc. relacionados cos temas

Calendario: 6 sesións online e 2 sesións presenciais. 26 horas.
− Online: luns 16, martes 17, mércores 18 de novembro; luns 30 de novembro, martes 1 e
mércores 2 de decembro, de 17.30h a 20.30h.
− Presencial: venres 20 de novembro e venres 3 de decembro, de 17.30 a 21.30h. No caso de que por motivos sanitarios se produzan restricións nas actividades presenciais, estas dúas sesións substituiranse por traballos individuais a enviar pola plataforma habilitada.

Inscrición: Remitirase a folla de inscrición cuberta e asinada a un dos seguintes enderezos electrónicos: casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org.

Prazo: ata cubrir as prazas:
Outorgaranse as prazas por orde de inscrición, preferentemente ás persoas empadroadas en Vigo.

Acreditación: Entregarase un diploma acreditativo do aproveitamento do curso. Para poder obter este diploma, deberase asistir e ter un aproveitamento do curso de ao menos o 80%, así como unha cualificación de apta. A avaliación comprenderá tres aspectos: asistencia, probas teóricas e prácticas realizadas e actitude participativa e respectuosa.

Protocolo covid-19
Grupo reducido con aforo limitado. Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada e cumprir coa normativa interna en relación a prevención sanitaria fronte á covid-19

Pódese obter a información e a folla de inscrición en formato editable nos arquivos adxuntos :

ARQUIVOS ADXUNTOS:
program_curso_formacion_en_igualdade_para_monitorado_(online_e_presencial).pdf  184 KB
program_curso_formacion_en_igualdade_para_monitorado_(online_e_presencial).jpg  1404 KB
folla_de_inscricion_formato_editable_curso_formacion_igualdade_para_monitorado.pdf  264 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100