Novas
Programación no Centro de Documentación e Recursos Feministas: xaneiro a marzo 2021
14/01/2021 Máis novasA Concellería de Igualdade do Concello de Vigo informa do programa de actividades que, durante o período de xaneiro a marzo de 2021 se organizarán en formato virtual (Plataforma Google Meet) no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo.
(2º andar da Biblioteca Pública "Juam Compañel". r/Joaquin Yáñez,6)
Retomaremos actividades como: Club de lectura , Faladoiros, Espazo Wikimulleres , Laboratorio de lectura e escritura , etc.
Aínda que as actividades realizaranse en formato virtual necesitarán inscrición previa polo que para participar débese contactar co Centro de Documentación Feminista (ver horario no programa adxunto) para que procedan a enviarlle a folla de inscrición específica da actividade na que desexe inscribirse.
Nos arquivos adxuntos pódese obter información completa de contidos, calendario, etc de todo o programa.
ARQUIVOS ADXUNTOS:
cartel_programacion_actividades_centro_documentacion_feminista.jpg 283 KB
programa_actividades_Centro_de_Documentacion_Feminista_xaneiro_a_marzo_2021.pdf 890 KB
cartel_programacion_actividades_centro_documentacion_feminista.pdf 694 KB