• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Programa de actos en marzo con motivo do 8M- Día Internacional das Mulleres
18/02/2021    Máis novas
Desde a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, en colaboración co Consello Municipal da Muller, programamos unha serie de actos e actividades en marzo con motivo da conmemoración do 8 de marzo, "Día Internacional das Mulleres"

ACTIVIDADES:
Pleno monográfico, Xornadas formativas " Visibilizando a desigualdade.Reclamando os nosos dereitos", Contada de igualdade "Semente de Igualdade. Ernestina Otero" a cargo de Polo Correo do Vento para nenas e nenos a partir de 4 anos ( actividade acompañada de lingua de signos), Visita guiada pola ruta en feminino "Sons de Mulleres" a cargo de María Casar, Recital aberto de poesía de xénero con Iolanda Zúñiga, etc.

EN LIÑA A TRAVÉS DE ZOOM:
Seguindo as recomendacións sanitarias en relación coa COVID-19 todas as actividades do programa desenvolveranse en modo EN LIÑA

INSCRICIÓN:
Prazo de inscrición aberto ata completar as prazas. Prazas limitadas

As persoas interesadas en inscribirse nas xornadas formativas deben enviar o formulario específico de inscrición (arquivo en formato editable) debidamente cuberto ao enderezo electrónico: xornadas.igualdade@vigo.org

As persoas interesadas en inscribirse nalgunha das outras actividades (contacontos, visita guiada á ruta "Sons de Mulleres", ou recital aberto de poesía de xénero) deben enviar o formulario específico desta inscrición (arquivo en formato editable) debidamente cuberto ao enderezo electrónico: ofi.muller@vigo.org

As persoas que obteñan praza recibirán confirmación por parte da Concellería de Igualdade e nos días previos á actividade enviaráselles un correo electrónico coa invitación e enlace directo para conectarse.

RECOMENDACIÓNS:
.- Procurar unha conexión o máis estable posible (zona de boa cobertura wifi ou preferentemente conexión por cable)
.- Manter o micrófono silenciado
.- Utilizar auriculares sempre que sexa posible para evitar que se acoplen o altofalante e o micrófono do noso dispositivo

DOCUMENTOS DESCARGABLES:

-Programa de actos completo 8MVigo en formato .pdf

- Programa de actos completo 8MVigo en formato .jpg

- Programa das xornadas formativas 8mVigo: "Visibilizando a desigualdade. Reclamando os nosos dereitos" en formato .pdf

- Programa das xornadas formativas 8mVigo: "Visibilizando a desigualdade. Reclamando os nosos dereitos" en formato .jpg (portada)

- Programa das xornadas formativas 8mVigo: "Visibilizando a desigualdade. Reclamando os nosos dereitos" en formato .jpg (interior)

- Formulario de inscrición en formato editable para actividades 8M

- Formulario de inscrición en formato editable para xornadas formativas 8M

Máis información sobre contidos, relatorios, horarios, etc, e descargar formulario de inscrición nos programas adxuntos en formato .pdf e .jpg:

ARQUIVOS ADXUNTOS:
interior_programa_xornadas_formativas_8MVigo.jpg  1077 KB
portada_programa_xornadas_formativas_8MVigo.jpg  491 KB
Xornadas_Formativas_8M_Vigo.pdf  3959 KB
Programa_de_actos_marzo_8M_Vigo.pdf  4263 KB
formulario_inscricion_actos_8MVigo.pdf  3201 KB
formulario_inscricion_xornadas_formativas_8MVigo.pdf  1406 KB
programa_actos_8M_Vigo.jpg  902 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100