• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Programación do Servizo de Igualdade: proxeccións dos filmes " Nación" de Margarita Ledo, "A poeta analfabeta" de Sonia Méndez e "Persoas S.A." de Carmen PG Granxeiro
03/09/2021    Máis novas
Durante este mes de setembro, o Servizo de Igualdade programa no Auditorio Municipal, a proxección de tres filmes dirixidos por cineastas galegas con posterior coloquio coas directoras.


Datas:

- Venres, 17 de setembro ás 19:00 h. Proxección do filme "NACIÓN", de Margarita Ledo Andión, con posterior coloquipo coa directora.

Duración do filme: 92 min.

Breve sinopse: “ A fábrica galega de louza Pontesa pechou en 2001. Vinte anos despois, á espera da sentenza sobre a súa reclamación de débeda pendente, un grupo de traballadoras lembra o símbolo da súa liberdade individual, a súa emancipación económica e a súa loita sindical.”.

Produción: Nós, Produtora Cinematográfica Galega S.L


- Martes, 21 de setembro ás 20:00 h. Proxección do filme " A POETA ANALFABETA" de Sonia Méndez, con posterior coloquio coa directora.

Duración do filme: 71 min.

Breve sinopse: “ Unha longametraxe documental sobre a figura da poeta e activista Luz Fandiño”.

Produción: Cósmica Producións.


- Mércores, 22 de setembro ás 20:00 h. Proxección do filme "PERSOAS S.A." de Carmen PG Granxeiro, con posterior coloquio coa directora.

Duración do filme : 82 min.

Breve sinopse: “Unha diversa realidade máis alá do cisheteronormativo agarda nesta historia colectiva de recordos, reflexións e amizades dun verán marcado pola pandemia”.

Produción: Cristina Palacios Castro - Asociación ARELAS


Acceso do público:

Todas as proxeccións serán no Auditorio Municipal. Praza do Rei s/nº

Entrada de balde. Aforo reducido

Apertura de portas 20 minutos antes do comezo de cada sesión.

Seguirase o protocolo fronte á Covid-19, con identificación do público para a asignación de butacas.


Arquivos adxuntos das tres sesións en formato .pdf e .jpg

ARQUIVOS ADXUNTOS:
cartel_3_filmes_para_difundir.jpg  1672 KB
cartel_3_filmes_para_difundir.pdf  4065 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100