• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Curso en liña: Introdución á Teoría Crítica Feminista e aproximación aos debates contemporáneos (aberto o prazo de inscrición)
17/09/2021    Máis novas
Aberto o prazo para a inscrición no curso "Introdución á Teoría Crítica Feminista. Aproximación aos debates contemporáneos" que se desenvolverá en liña a través de ZOOM.
15 horas.

Organiza: Concellería de Igualdade. Concello de Vigo

Obxectivos:

- Achegar as principais correntes de pensamento feminista e contextualizar historicamente as chamadas "ondas do feminismo.

- Presentar o pensamento e achegas intelectuais de figuras relevantes na historia do feminismo.

- Potenciar a reflexión crítica sobre os actuais debates existentes no seo do feminismo.

- Fomentar a capacidade de aplicar conceptos teóricos á nosa vida cotiá.

- Crear un espazo seguro de reflexión, onde estean presentes as dinámicas do coidado.


Impartido por:

Priscila Retamozo Ramos e Amara Pérez Davila. Politólogas e Máster en Igualdade de Xénero.


Calendario e horario: 15 horas de formación en liña a través de ZOOM, que se desenvolverán todos os xoves desde o 7 de outubro ao 9 de decembro (ambos incluídos) en horario de 18:30 a 20:00 horas

Inscrición: As prazas son limitadas e se completarán por rigorosa orde de inscrición, enviando os datos solicitados no formulario de inscrición adxunto (formato editable) ao seguinte enderezo electrónico: xornadas.igualdade@vigo.org
A Concellería de Igualdade confirmará praza ás persoas que finalmente queden inscritas.

Acreditación: A Concellería de Igualdade emitirá diploma acreditativo ás persoas que asistan á totalidade do curso. Comprobarase a través de control de asistencia.

Para máis información descargar o programa co formulario de inscrición (formato editable) no seguinte arquivo adxunto:

ARQUIVOS ADXUNTOS:
Curso_en_lina_Introducion_a_Teoria_Critica_Feminista_(1).pdf  163 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100