• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Instalado na Alameda un Punto Lila, posto de información e atención especializada para a prevención do acoso e a violencia sexual en zonas de ocio
28/12/2021    Máis novas
Desde o mércores 22 de decembro ata o 9 de xaneiro temos instalado na Alameda o Punto Lila, posto de información e atención especializada para a prevención do acoso e a violencia sexual en zonas de ocio.
Emprazado na Praza de Compostela, catro axentes de igualdade informan e conciencian fronte ás agresións contra as mulleres.

Os horarios de apertura procuran adaptarse ao ocio e á presenza de xente no entorno, podendo variar en función da afluencia de público na zona.
Desde este posto as profesionais están a distribuír o díptico informativo "Por un ocio libre de violencias machistas", ademais doutro material informativo do Concello, como folletos, guías ou pulseiras contra a violencia, e están preparadas para activar o protocolo de atención no caso de acoso ou agresión.

En arquivos adxuntos pódese descargar as imaxes do Punto Lila e o díptico informativo

ARQUIVOS ADXUNTOS:
Diptico_Punto_Lila.pdf  441 KB
20211223_143142.jpg  2918 KB
IMG_20211222_WA0000.jpg  385 KB
1640296093476.jpg  1324 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100