• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Programa de actividades na Casa das Mulleres. Período:setembro a decembro 2022
02/09/2022    Máis novas
Aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán presencialmente na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20) no período comprendido entre o mes de setembro e o mes de decembro de 2022.

OBRADOIRO “HISTORIAS DE VIDA DAS MULLERES PARA XOGAR NO TEATRO"

OBRADOIRO "ESCRITA AUTOBIOGRÁFICA"

CURSO "INTRODUCIÓN Á TEORÍA CRÍTICA FEMINISTA. APROXIMACIÓN AOS DEBATES CONTEMPORÁNEOS"

OBRADOIRO "COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS"

OBRADOIRO "FALAMOS?"

CURSO DE FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA PROFESIONAIS

ESCOLA FEMINISTA DE EMPODERAMENTO:CREANDO SORORIDADE

OBRADOIRO “HISTORIAS DE VIDA DAS MULLERES PARA XOGAR NO TEATRO”
• Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.
• Formadora: Mariana Carballal.
• Obxectivos:
◦ Descubrir un espazo de xogo, creatividade e expresión teatral que lles permita ás alumnas empregar o teatro como ferramenta ao servizo das súas historias de vida.
◦ Fomentar a igualdade e o empoderamento das mulleres participantes a través da visibilización e recoñecemento das súas achegas e traballo realizadas ao longo da súa vida, empregando como medio para a consecución desta finalidade a actividade teatral e a expresión artística e dedicando un espazo e un tempo propio.
• Descrición: o teatro como ferramenta ao servizo das nosas historias de vida. Atoparnos no vivido para contalo/falalo/sentilo/imaxinalo con e para as demais.
• Contidos:
◦ Recoñecemento da experiencia. De onde vimos?
◦ Descubrir ferramentas básicas do teatral
◦ Actualizar e contextualizar o “noso proxecto”.
◦ Improvisación e composición escénicas.
• Formato: presencial
• Temporalización:
◦ Duración: 36 horas en 12 sesións.
◦ Datas: xoves, do 29 de setembro ata o 22 de decembro (agás o 8 de decembro por festividade)
◦ Horario: de 18:00 a 21:00.
• Inscrición e participación na actividade:
◦ Inscrición previa (ver proceso de inscrición)
◦ Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada.



OBRADOIRO DE ESCRITA AUTOBIOGRAFICA
• Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.
• Formadora: Graciela Baquero.
• Obxectivo: tomar conciencia que estamos habitadas por milleiros de relatos únicos, intransferibles que fan que nos volvamos profundamente ricas.
• Descrición: obradoiro dirixido a todas aquelas mulleres que queiran ter a experiencia vital de contarse. Escribirnos, non só representa revivir a nosa historia, apropiarnos das nosas experiencias, senón tamén recoñecernos.
• Contidos:
◦ A actitude creativa: técnicas de desbloqueo.
◦ Como percibimos: a información dos sentidos.
◦ O ritmo na escritura: a respiración dun texto.
◦ Trama e estrutura da nosa historia: que quero contar, que quero esconder.
◦ Quen escribe?. Tipo de narradoras e narradores.
◦ Creación de personaxes: os poboadores e as poboadoras da nosa historia.
◦ Técnicas descritivas: paisaxe e acción.
◦ O subconsciente e os soños: o mundo metafórico.
◦ O monólogo interior e outras formas de contar.
◦ Ten que parecer verdade: técnicas de verosimilitude.
• Formato: presencial
• Temporalización:
◦ Duración: 20 horas en 10 sesións.
◦ Datas: mércores, do 28 de setembro ata o 7 de decembro (agás o 12 de outubro por festividade).
◦ Horario: de 18:00 a 20:00.
• Inscrición e participación na actividade:
◦ Inscrición previa (ver proceso de inscrición)
◦ Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada.



CURSO “INTRODUCIÓN Á TEORÍA CRITICA FEMINISTA. APROXIMACIÓN AOS DEBATES CONTEMPORÁNEOS.”
• Destinado a: mulleres e homes maiores de 18 anos.
• Formadoras: Priscila Retamozo Ramos e Cristina Louzán García.
• Obxectivos:
◦ Achegar as principais correntes de pensamento feminista e contextualizar historicamente as chamadas “ondas do feminismo”.
◦ Presentar o pensamento e achegas intelectuais de figuras relevantes na historia do feminismo.
◦ Potenciar a reflexión crítica sobre os actuais debates existentes no seo do feminismo.
◦ Fomentar a capacidade de aplicar conceptos teóricos á nosa vida cotiá.
◦ Crear un espazo seguro de reflexión, onde estean presentes as dinámicas de coidado.
• Descrición: neste curso pretendese ofrecer unha aprendizaxe motivada, directa e sinxela, aplicada á realidade e na actualidade do debate feminista. Unha aprendizaxe teórica que nos sirva no noso día a día para entender o mundo e as nosas vivenzas neste.
• Contidos:
◦ Módulo 1. Introdución.
▪ ¿Dende onde falamos?.
▪ Achegamento ao marco teórico conceptual.
▪ ¿Feminismo ou feminismos?.
▪ O feminismo pre-moderno.
◦ Módulo 2. Os comezos
• Primeira onda.
• Olympe de Gouges e Mary Wollstonecraft.
• Primeiros feminismos en América Latina e o Caribe.
◦ Módulo 3. Segunda onda
• Sufraxismo anglosaxón.
• O sufraxio feminino no estado español.
• Feminismo socialista e anarquista.
◦ Módulo 4. Terceira onda
• Feminismo da igualdade e feminismo da diferenza.
• Feminismo liberal e feminismo radical.
• Feminismos negros.
• Feminismo decolonial/poscolonial.
◦ Módulo 5. Cuarta onda
• Feminismo e posmodernidade: Judith Butler e as teorías queer.
• Feminismo multiculturalista.
• Feminismo en Latinoamérica.
• Feminismo no mundo árabe.
• Marco internacional dos dereitos: ONU.
• Formato: presencial
• Temporalización:
◦ Duración: 15 horas en 10 sesións.
◦ Datas: luns, do 3 de outubro ata o 5 de decembro
◦ Horario: de 19:00 a 20:30.
• Inscrición e participación na actividade:
◦ Inscrición previa (ver proceso de inscrición. Ficha de inscrición específica)
◦ Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada.
• Acreditación: entregarase un diploma acreditativo do aproveitamento do curso expedido pola Concellería de Igualdade. Para poder obter este diploma deberase asistir e ter un aproveitamento do curso de cando menos o 80%.





OBRADOIRO “COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS”
• Destinado a: mulleres maiores de 18 anos con coñecementos informáticos básicos.
• Formadora: Uxía Cazorla Silva.
• Obxectivos:
◦ Proporcionar as habilidades básicas para o manexo de dispositivos dixitais e o acceso á administración electrónica.
• Contidos:
◦ a) Móbil, tableta e/ou portátil: uso básico de sistema operativo e de actualización do dispositivo; acceso a internet a través de wifi e/ou datos; aplicacións básicas como correo electrónico e whatsapp.
◦ b) Administración electrónica: identidade dixital (alta, certificados dixitais); xestións administrativas electrónicas: sede electrónica de distintas administracións, carpeta cidadá, notificacións electrónicas, certificados electrónicos, etc
• Formato: presencial, con grupo reducido
• Temporalización:
◦ Duración: 10 sesións. 20 horas.
◦ Datas: luns, do 26 de setembro ata o 28 de novembro.
◦ Horario: de 18:30 a 20:30.
• Inscrición e participación na actividade:
◦ Inscrición previa (ver proceso de inscrición)
◦ Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada



OBRADOIRO “FALAMOS?”
• Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.
• Formadora: Marián Prego.
• Obxectivos:
◦ Mellorar a comunicación, tanto oral como corporal.
◦ Sentirnos cómodas e fluídas á hora de interactuar con outras persoas.
• Contidos:
◦ Dicción.
◦ Expresividade oral e xestual.
◦ Teatro lido.
◦ Poesía.
◦ Dramatización de textos.
◦ Medo escénico.
◦ Improvisación.
◦ Faladoiros en grupos.
• Formato: presencial
• Temporalización:
◦ Duración: 10 sesións. 20 horas.
◦ Datas: mércores, do 28 de setembro ata o 7 de decembro (agás o 12 de outubro por festividade).
◦ Horario: de 18:00 a 20:00.
• Inscrición e participación na actividade:
◦ Inscrición previa (ver proceso de inscrición)
◦ Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada.



CURSO DE FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA PROFESIONAIS 
• Destinado a: homes e mulleres maiores de 18 anos con perfil profesional nos eidos social e de educación formal e non formal.
• Formadora: Cristina Rodríguez Ramos, experta en xénero e igualdade de oportunidades
• Obxectivo: facilitar a incorporación da perspectiva de xénero no traballo cotián dentro dos eidos social e educativo.
• Contidos:
◦ Introdución á perspectiva de xénero. Consecuencias da socialización diferenciada
◦ A transversalidade aplicada ao ámbito social e da educación: a coeducación.
◦ Elementos clave para a planificación coeducativa: a comunicación (linguaxe e imaxes), materiais didácticos, habilidades sociais.
◦ Prevención, detección e orientación no ámbito da violencia machista. Como intervir ante un posible caso.
• Metodoloxía e modalidade:
◦ En liña, a parte teórica (18 horas) soportada sobre Google Classroom e Google Meet. Enviarase procedemento a cada persoa inscrita. Estas sesións en liña consistirán na exposicións dos contidos, para o que se empregarán documentos, vídeos e chat coa docente.
◦ Presencial, as sesións prácticas que supoñen unha carga lectiva de 8 horas levaranse a cabo na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20).
• Calendario:
◦ 6 sesións online: 2,3,4,7, 9 e 10 de novembro. De 18:00 a 21:00.
◦ 2 sesións presenciais: 11 e 14 de novembro de 17.30 a 21.30 na Casa das Mulleres
• Acreditación: Entregarase un diploma acreditativo do aproveitamento do curso. Para poder obter este diploma, deberase asistir e ter un aproveitamento do curso de cando menos o 80%.
• Inscrición e participación na actividade:
◦ Inscrición previa (ver proceso de inscrición)
◦ Grupos con capacidade limitada



ESCOLA FEMINISTA DE EMPODERAMENTO: CREANDO SORORIDADE
• Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.
• Formadora: Cristina Rodríguez Ramos.
• Obxectivos:
◦ Crear un espazo para o debate, aprendizaxe, reflexión e intercambio de experiencias das participantes. 
◦ Promover unha comunicación libre de xuízos e prexuízos, onde as mulleres atoparán un clima de confianza no que poderán expresarse e comentar, desde o enfoque de xénero, temas de interese e actualidade, fomentando a súa participación social.
◦ Propiciar a sororidade, tecendo redes de apoio e solidariedade entre as participantes.
• Formato: presencial.
• Temporalización:
◦ Duración: 10 sesións. 15 horas. Incorporación aberta durante o período de actividade (ata cubrir prazas).
◦ Datas: martes, do 27 de setembro ata o 13 de decembro (agás 1 de novembro e 6 de decembro por festividade).
◦ Horario: de 18:00 a 19:30.
• Inscrición e participación na actividade:
◦ Inscrición previa (ver proceso de inscrición)
◦ Grupos con capacidade limitada



PROCESO DE INSCRICIÓN:
• Prazo de inscrición: dende a publicación da presente convocatoria e ata cubrir prazas.
• Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición (DESCARGAR, formato editable).
• Presentación da Ficha de inscrición: enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org
No caso que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30.
Criterios de admisión nas actividades: Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran ese mesmo obradoiro/curso en pasadas edicións. No curso Historias de vida das mulleres para xogar no teatro" non se terá en conta este último criterio.
A continuación seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude.
Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con capacidade limitada.
• Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono.

Programa completo e ficha de inscrición editable nos seguintes arquivos adxuntos:

ARQUIVOS ADXUNTOS:
Programa_Casa_das_Mulleres_outono_2022_Pax2.jpg  1148 KB
Programa_Casa_das_Mulleres_outono_2022_Pax3.jpg  980 KB
Programa_Casa_das_Mulleres_outono_2022_Pax4.jpg  1165 KB
Programa_Casa_das_Mulleres_outono_2022_Pax1.jpg  1161 KB
Ficha_de_inscricion_Programa_Casa_das_Mulleres_outono_2022.pdf  288 KB
Programa_de_actividades_Casa_das_Mulleres_outono_2022_.pdf  371 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100