Novas
Aberto o prazo de inscrición para participar na programación da Casa das Mulleres (xaneiro a abril 2024)
16/01/2024 Máis novasAberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20) no período comprendido entre o mes de xaneiro ao mes de abril de 2024.
- OBRADOIRO DE CANTO PARA MULLERES “CON VOZ PROPIA”
Destinado a: mulleres maiores de 18 anos ás que lles guste cantar.
Formadora: Cristal Méndez Queizán.
Obxectivos:
Fomentar a aserción e a propia estima (empoderamento).
Explorar e liberar os recursos expresivos da voz e do corpo.
Incrementar a conciencia e os coñecementos sobre o funcionamento da voz e da respiración para mellorar a voz e a saúde.
Recoñecer e valorar as posibilidades expresivas da voz propia e allea.
Recoñecer recursos persoais utilizando o canto como medio
Construír novas maneiras de relacionarnos, utilizando o canto como medio
Promover os valores de inclusión, integración e respecto da diversidade.
Descrición: utilizando o canto de grupo e individual exploraremos a capacidade expresiva e emocional das nosas voces para recoñecernos e empoderarnos. Paralelamente aprenderanse unha serie de habilidades técnicas para mellorar e facer máis “forte” e “clara” a propia voz. Neste obradoiro o canto é un medio non un obxectivo, polo que non é preciso “cantar ben” e basta coa intención de gozar xuntas a través do canto.
Contidos:
Habilidades de base (técnicas relativas á voz e ao canto): respiración e apoio diafragmático, control dos elementos do tracto vocal superior (padal brando, lingua, epiglote, control dos resoadores etc.) e educación da postura enfocada ao canto.
Habilidades expresivas: exploración corporal do son a través do movemento e a danza, improvisación e composición, canto e improvisación coral, canto e improvisación individual e escoita consciente e activa das nosas voces.
Metodoloxía: utilizaranse moitos recursos da Músico-Terapia e da Danza-Terapia adaptados ás necesidades individuais de todas as participantes. O noso método é participativo e inclusivo, favorecendo o benestar e a integración no grupo así como a creación dun “espazo seguro e protexido” para todas.
Temporalización:
Duración: 8 sesións. 24 horas.
Datas: os luns, do 29 de xaneiro ata o 18 de marzo.
Horario: de 18:00 a 21:00.
Inscrición e participación na actividade:
Inscrición previa (ver proceso de inscrición).
Grupos con capacidade limitada
- OBRADOIRO “SÁCALLE PARTIDO AO TEU MÓBIL”
Destinado a: mulleres maiores de 18 anos con manexo básico en dispositivos Android.
Formadora: Uxía Cazorla Silva.
Obxectivo: proporcionar habilidades para o manexo do móbil e así poder sacarlle maior rendemento.
Contidos:
Actualización do dispositivo e aplicacións.
WhatsApp.
Aplicacións: SERGAS, Concello de Vigo, códigos QR…
Aplicacións de Google: correo electrónico, notas, calendario…
Facer e xestionar fotos. Almacenamento.
Temporalización:
Duración: 8 sesións. 17 horas.
Datas: os luns, do 29 de xaneiro ata o 18 de marzo.
Horario: de 19:00 a 21:10.
Inscrición e participación na actividade:
Inscrición previa (ver proceso de inscrición)
Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada
- CURSO DE FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA PROFESIONAIS NO EIDO DA EDUCACIÓN E DO SOCIAL
Destinado a: homes e mulleres maiores de 18 anos con perfil profesional nos eidos social e de educación formal e non formal.
Formadora: Cristina Rodríguez Ramos, experta en Xénero e Igualdade de Oportunidades.
Obxectivo: incorporar a perspectiva de xénero no traballo cotián dentro dos eidos social e educativo.
Contidos:
Introdución á perspectiva de xénero. Consecuencias da socialización diferenciada.
A transversalidade aplicada ao ámbito social e da educación: a coeducación.
Elementos clave para a planificación : a comunicación (linguaxe e imaxes), materiais didácticos, habilidades sociais.
Prevención, detección e orientación no ámbito da violencia machista. Como intervir ante un caso.
Metodoloxía e modalidade:
En liña, a parte teórica (20 horas) soportada sobre Google Classroom e Google Meet. Estas sesións consistirán na exposicións dos contidos, para o que se empregarán documentos, vídeos,…
Presencial, as sesións prácticas que supoñen unha carga lectiva de 5 horas levaranse a cabo na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20) os días 14 e 19 de marzo.
Calendario: os martes e os xoves do 15 de febreiro ao 19 de marzo de 18:00 a 20:30.
Acreditación: entregarase un diploma acreditativo do aproveitamento do curso. Para poder obtelo, deberase asistir e ter un aproveitamento do curso de cando menos o 80 %, así como unha cualificación de apta. A avaliación comprenderá tres aspectos: asistencia, probas teóricas e prácticas realizadas e actitude participativa e respectuosa.
Inscrición e participación na actividade:
Inscrición previa (ver proceso de inscrición. Ficha de inscrición específica).
Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada.
- CURSO “INTRODUCIÓN Á TEORÍA CRÍTICA FEMINISTA. APROXIMACIÓN AOS DEBATES CONTEMPORÁNEOS.”
Destinado a: mulleres e homes maiores de 18 anos.
Formadoras: Priscila Retamozo Ramos e Cristina Louzán García.
Obxectivos:
Achegar as principais correntes de pensamento feminista e contextualizar historicamente as chamadas “ondas do feminismo”.
Presentar o pensamento e achegas intelectuais de figuras relevantes na historia do feminismo.
Potenciar a reflexión crítica sobre os actuais debates existentes no seo do feminismo.
Fomentar a capacidade de aplicar conceptos teóricos á nosa vida cotiá.
Crear un espazo seguro de reflexión, onde estean presentes as dinámicas de coidado.
Descrición: neste curso pretendese ofrecer unha aprendizaxe motivada, directa e sinxela, aplicada á realidade e á actualidade do debate feminista. Unha aprendizaxe teórica que nos sirva no noso día a día para entender o mundo e as nosas vivenzas neste.
Contidos:
Módulo 1. Os comezos
Introdución: dende onde falamos?.
Achegamento ao marco teórico conceptual.
¿Feminismo ou feminismos?.
O feminismo pre-moderno.
A querelle des femmes: Christine de Pizan
Módulo 2. Primeira onda:
O feminismo ilustrado.
Olympe de Gouges e Mary Wollstonecraft.
Primeiros feminismos en América Latina e o Caribe.
Módulo 3. Segunda onda
Sufraxismo anglosaxón.
O sufraxio feminino no estado español.
Feminismo socialista e anarquista.
Módulo 4. Terceira onda
Feminismo da igualdade e feminismo da diferenza.
Feminismo liberal e feminismo radical.
Feminismos negros.
Ecofeminismo.
Feminismo decolonial/poscolonial.
Módulo 5. Cuarta onda
Feminismo e posmodernidade: Judith Butler e as teorías queer.
Feminismo multiculturalista.
Feminismo en Latinoamérica.
Feminismo no mundo árabe.
Marco internacional dos dereitos: ONU.
Formato: presencial
Temporalización:
Duración: 15 horas en 10 sesións.
Datas: os martes, do 20 de febreiro ata o 30 de abril (agás o 26 de marzo)
Horario: de 19:00 a 20:30.
Inscrición e participación na actividade:
Inscrición previa (ver proceso de inscrición)
Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada.
Acreditación: entregarase un diploma acreditativo do aproveitamento do curso expedido pola Concellería de Igualdade. Para poder obter este diploma deberase asistir e ter un aproveitamento do curso de cando menos o 80 %.
Proceso de inscrición para todos os cursos:
Prazo de inscrición: dende a publicación da presente convocatoria e ata cubrir prazas.
Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición (DESCARGAR, formato editable). O curso de formación en igualdade para profesionais nos eidos social e da educación ten unha ficha específica (DESCARGAR, formato editable).
Presentación da Ficha de inscrición: enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org
No caso que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30.
Criterios de admisión nas actividades: Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran ese mesmo obradoiro en pasadas edicións (agás as alumnas do obradoiro de canto para mulleres “Con voz propia”). Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude.
Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con capacidade limitada.
Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono.
Arquivos adxuntos:
Cartel coa programación das actividades
Ficha de inscrición xeral (formato editable)
Ficha de inscrición específica para o Curso de formación en igualdade para profesionais (formato editable).
ARQUIVOS ADXUNTOS:
ficha_de_inscricion_xeral.pdf 316 KB
ficha_inscricion_curso_formacion_en_igualdade_para_profesionais.pdf 292 KB
Programa_de_actividades_Casa_das_Mulleres_de_xaneiro_a_abril_2024_.pdf 482 KB