• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Programa de actos VIGOFEM (aviso importante pola modificación do lugar do concerto de Wöyza)
12/10/2023    Máis novas
Aviso importante: con motivo das condicións metereolóxicas adversas previstas para este venres, 20 de outubro, comunicámosvos que o concerto de "Wöyza & The Galician Messengers" previsto para esa data, terá lugar, á mesma hora 21 h no Cine Teatro Salesianos. Rúa Venezuela, 3. Entrada libre ata completar a capacidade do local.

O Servizo de Igualdade informa do programa de actividades que, no marco do proxecto VIGOFEM, desenvolveranse na cidade durante a semana do 16 ao 20 de outubro.

VIGOFEM é un proxecto artístico e cultural protagonizado por mulleres que comeza a andar o luns 16 de outubro, coincidindo co Día das Escritoras.

Durante unha semana do mes de outubro desenvolverase un programa cultural diverso, protagonizado por mulleres, que aspira a dar a coñecer, difundir e poñer no centro da historia e da sociedade, a creación das mulleres, sensibilizando e promocionando os valores de igualdade. Un espazo de reflexión e reivindicación con perspectiva de xénero. Este proxecto persegue crear referentes femininos para as xeracións presentes e futuras en todos os ámbitos ( artísticos, científicos, creativos, sociais, políticos, deportivos, etc) rescatando a moitas mulleres do esquecemento e reivindicando o lugar de todas no centro da historia para acadar recoñecemento e espazos de influencia.

Ten como finalidade a de crear, desde Vigo, e con proxección tanto local como nacional, un espazo onde avanzar nos principios de igualdade, onde difundir a cultura feminista e experimentar e impulsar a creatividade das mulleres, facendo visible a desigualdade de xénero na cultura dominante.


Programa 16 ao 20 de outubro:

.- Encontro Literario “ IMPROVISA”
luns, 16 de outubro
Lugar: galería do MARCO. Rúa Príncipe
Hora de comezo: 19:00h
Interveñen: Xina Vega, Isabel Blanco, Anna Figueiredo, Silvia Penas, Branca Trigo e Miriam Ferradáns.

As escritoras formarán dous grupos por xéneros literarios: narrativa ( Xina Vega, Anna R. Figueiredo e Isabel Blanco) e poesía ( Silvia Penas, Branca Trigo e Miriam Ferradáns). Durante 20 minutos, cada grupo ( 10 minutos cada grupo) improvisará un ou varios textos que serán recollidos en soporte dixital e proxectados mentres se crean.

Unha vez terminadas as roldas de improvisación das autoras, invitarase ao público- tanto adulto como infantil) a participar, por espazo de outros 15 minutos.

Para celebrar o Día das Esscritoras darase lectura textos de autoras previamente elixidas.

Ao remate, o público que o desexe poderá facilitar o seu enderezo electrónico ao que lle enviarán os textos creados como lembranza do I Encontro Literario “ Improvisa”.

.- Peza teatral “ SORPRESA”
Martes, 17 de outubro
Lugar: galería do MARCO. Rúa Príncipe
Hora de comezo: 19:00h
Compañía: Enconarte Producciones

SORPRESA unha peza ó máis puro estilo Enconarte feita por mulleres para falar de mulleres ca excusa dunha festa viaxaremos pola vida de NORA unha muller que deixou a súa profesión para exercer de nai unha muller educada no catolicismo feroz unha muller medicada e bébeda e unha muller intelixente riquiña e sensible e con intensas ganas de xogar de vivir e de amar 20 minutos de tiovivo emocional con moitas moitas risas un espectáculo interactivo sen pelos na lingua que da conta do empoderamento dunha muller.


.- Charla-Concerto “ MULLERIBUS”
Mércores, 18 de outubro
Lugar : Auditorio Municipal. Praza do Rei
Hora de comezo: 19:00h
Interveñen: Margarita Viso, Begoña Riobó, Su Garrido Pombo

Impartirase unha charla por Margarita Viso sobre o papel das mulleres na música ao longo da historia, a súa trascendencia e a súa presencia na actualidade.
Trala charla, gozaremos da música da violinista Begoña Riobó e da cantante Su Garrido Pombo.

.- Concerto “WÖYZA & The Galician Messengers”
Hora de comezo: 21:00 h
Lugar: Previsto inicialmente para celebrarse na Porta do Sol, polas condicións metereolóxicas previstas o concerto terá lugar no Cine Teatro Salesianos. Rúa Venezuela, 3. Entrada libre ata completar a capacidade do local.

Información xeral: todas as actividades teñen a entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade dos locais.

Pódese descargar o cartel do programa en arquivo adxunto

ARQUIVOS ADXUNTOS:
Roller_VIGOFEM_(1).pdf  726 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100