• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Programación cultural a prol da igualdade para público familiar (+4 anos)
05/12/2023    Máis novas
Programación cultural a prol da igualdade para público familiar os días 12, 13 e 14 de decembro no Auditorio Municipal

Durante este mes de decembro a Concellería de Igualdade organiza un programa cultural a prol da igualdade para público familiar (+ 4 anos) que ten como finalidade o divertimento e a reflexión dende a perspectiva de xénero.

A programación terá lugar no Auditorio Municipal e inclúe 3 espectáculos que visibilizan a mulleres e mozas nun rol activo e poñen en valor o traballo das mulleres artistas.

.- Martes, 12 de decembro. Espectáculo interactivo “Pitusa Semifusa”, Rebumbio Producións

O espectáculo se apoia en instrumentos de xoguete, onde a explicacións destes e das súas características son o fío condutor dun concerto interactivo. As dúas artistas van ensinando os instrumentos e as súas peculiaridades a cativas e cativos.

Idade recomendada: público familiar, a partir de 4 anos

Interpretación: Andrea Picos, Olga Brañas e Sergio Tannus

Duración aprox: 50 minutos

Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei

Hora: 18:00 h

Entrada libre ata completar o aforo.

.- Mércores, 13 de decembro. Espectáculo teatral “A teteira de Kabul”, compañía Xarope Tulú

Espectáculo de monicreques dirixido a publico familiar baseado no conto de Carolina Pujales. Esta peza conta a historia de Mina, unha nena que debe abandonar o seu fogar por mor do estalido da guerra no seu país, Afganistán. A poética dos monicreques vai permitir viaxar a outros lugares e contar a historia de Mina desde unha perspectiva construtiva e alentadora.

Idade recomendada: público familiar, a partir de 6 anos

Interpretación: Atenea García e Xosé Manuel Esperante

Duración aprox: 50 minutos

Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei

Hora: 18:00 h

Entrada libre ata completar o aforo

.- Xoves, 14 de decembro. Espectáculo “ELA”, da compañía Caramuxo Teatro,

Espectáculo de teatro e danza onde se crea un mundo fantástico a través das cores, a arte e o universo creativo da pintora Maruja Mallo; unha mistura de poesía, humor, teatro e danza onde descubrir o imaxinario desta muller excepcional.

Idade recomendada: público familiar, a partir de 4 anos.

Interpretación: Laura Sarasola Pontón, Juan Rodríguez Santiago e Suso Jalda

Duración aprox: 45 minutos

Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei

Hora: 18:00 h

Entrada libre ata completar o aforo

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100