Novas
Programa de actos organizado en marzo con motivo do 8M- Día Internacional da Muller
01/03/2024 Máis novasAviso importante: debido ás previsións de chuvia que dan para este mércores, o concerto de LONTREIRA celebrarase no Auditorio Municipal e non na Porta do Sol como estaba previsto inicialmente. Mércores, 27 de marzo ás 21:00 h Auditorio Municipal. Praza do Rei s/nº .Entrada libre ata completar a capacidade do local.
O Concello de Vigo, en colaboración co Consello Municipal da Muller, convida á cidadanía a participar no programa de actos que se organiza en marzo con motivo da conmemoración do 8M- Día Internacional da Muller
A numerosa e variada programación comeza o martes 5 de marzo cos seguintes actos:
. 12:00 h Acción artística "Pan e rosas". Punto de encontro: Praza da Princesa
. 20:00 h Concerto a cargo de Antía Muíño. Auditorio Municipal. Entrada libre ata completar a capacidade do local.
Novas:
O Concello de Vigo e mailo Consello Municipal da Muller, distinguen co XII Premio de Igualdade "Ernestina Otero" a Margarita Ledo Andión. A entrega do premio honorífico realizarase no transcurso dunha gala o venres 15 de marzo no salón de recepcións da Sede Afundación (rúa Policarpo Sanz, 26). Entrada libre ata completar a capacidade do local.
Información completa do programa descargando os arquivos adxuntos:
ARQUIVOS ADXUNTOS:
8M_Cartel_definitivojpg 930 KB
Diptico_8M__def.pdf 1225 KB
8M_Cartel_def.pdf 1019 KB
invitacion_XII_Premio_de_Igualdade_Ernestina_Otero.pdf 609 KB