• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Aviso importante. Traslado do concerto "De Vacas" ao Cine Teatro Salesianos. Programa de actividades VigoFem, do 22 ao 25 de outubro
18/10/2024    Máis novas
VigoFem é un proxecto artístico e cultural protagonizado por mulleres que, na súa segunda edición, comeza o martes 22 de outubro.

Aviso importante:

Con motivo da previsión de chuvia para este venres 25 de outubro, o concerto "De Vacas" previsto para a Porta do Sol celebrarase no Cine Teatro Salesianos, á mesma hora 21:00 , con entrada libre ata completar a capacidade do lugar

PROGRAMA VIGOFEM:
Durante unha semana do mes de outubro desenvolverase un programa cultural diverso, protagonizado por mulleres, que aspira a dar a coñecer, difundir e poñer no centro da historia e da sociedade, a creación das mulleres, sensibilizando e promocionando os valores de igualdade. Un espazo de reflexión e reivindicación con perspectiva de xénero.

Este proxecto persegue crear referentes femininos para as xeracións presentes e futuras en todos os ámbitos ( artísticos, científicos, creativos, sociais, políticos, deportivos, etc) rescatando a moitas mulleres do esquecemento e reivindicando o lugar de todas no centro da historia para acadar recoñecemento e espazos de influencia.

Ten como finalidade a de crear, desde Vigo, e con proxección tanto local como nacional, un espazo onde avanzar nos principios de igualdade, onde difundir a cultura feminista e experimentar e impulsar a creatividade das mulleres, facendo visible a desigualdade de xénero na cultura dominante.

Programa 22 ao 25 de outubro:

.- Martes, 22 de outubro. FemARTV . ARTE VIVA

Exporanse seis obras de arte clásicas e tres actrices darán vida á protagonista feminina representada en cada obra, dándolle vida e voz e visibilizando e explicando como a representación da muller na arte e o papel que se lles atribuíu perpetúa os estereotipos e os roles que aínda hoxe perviven na sociedade.

Con Arantxa Treus, Grial Montes e Humi Donado

Textos de Isabel Blanco

Lugar: galería do MARCO. Rúa Príncipe, 54

Hora de comezo: 19:30 h

Entrada libre ata completar a capacidade do local

.- Mércores, 23 de outubro. CONCERTO PERFORMANCE A CARGO DE ESPERANZA MARA

Con Esperanza Mara, soprano e instrumentista especializada en música medieval

Lugar: galería do MARCO. Rúa Príncipe,54

Hora de comezo: 20:30 h

Entrada libre ata completar a capacidade do local

.- Venres, 25 e outubro. Concerto do grupo "DE VACAS"

Hora de comezo: 21:00 h

Lugar: Cine Teatro Salesianos. Rúa Venezuela,3.
Entrada libre ata completar aforo.

Pódese descargar o cartel coa información do programa de actos:



ARQUIVOS ADXUNTOS:
VIGOFEM_programa.pdf  693 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100