Novas
Programa de actos con motivo da conmemoración do 25N. Do 5 de novembro ao 3 de decembro
31/10/2024 Máis novasPrograma de actos con motivo da conmemoración do 25N- Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Do 5 de novembro ao 3 de decembro
25N Non máis violencia por ser muller
Informámosvos do programa de actos, que, con motivo da conmemoración do 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, organiza o Concello de Vigo en colaboración co Consello Municipal da Muller.
O programa inclúe numerosas e diversas actividades de interese desde o martes 5 de novembro ata o martes 3 de decembro: charlas divulgativas, actuacións musicais, proxección de filmes , obras de teatro, exposicións, presentación de libros, xornadas formativas, sesións para escolares, etc.
O programa comeza o martes 5 de novembro coa proxección do filme "As Neves" (2024) de Sonia Méndez. Ao remate da proxección a directora manterá un coloquio co público asistente. Será na Galería do MARCO (Rúa Príncipe, 54) ás 19:00 h.
Agás indicación contraria todas as actividades teñen entrada libre ata completar a capacidade do local.
As xornadas formativas sobre a Abolición da prostitución celebraranse de forma presencial as tardes dos días 2 e 3 de decembro. Será necesaria inscrición previa. Nos vindeiros días difundiremos o programa específico das xornadas coa folla de inscrición.
En arquivos adxuntos pódese descargar o cartel e o díptico coa información completa do programa (formato .pdf e .jpg)
ARQUIVOS ADXUNTOS:
Diptico_programa_25N_definitivo.pdf 323 KB
cartel_programa_actos_25_N_definitivo.jpg 1243 KB
cartel_programa_actos_25N_definitivo.pdf 402 KB