• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
OBRADOIRO DE AUTODEFENSA FEMINISTA. dirixido preferentemente a asociacións e colectivos de mulleres. Aberto prazo de Inscrición!
18/09/2008    Máis novas
Destinatarias (por orde de preferencia):

1º.- Asociacións de mulleres, preferentemente de Vigo
2º.- Vogalías e secretarías da muller da cidade
3º.- Mulleres profesionais de Vigo que traballen con mulleres en institucións públicas ou privadas e que apliquen a perspectiva de xénero e de igualdade de oportunidades na súa practica profesional.

IMPORTANTE: Co obxecto de ofrecer o curso ao maior número de colectivos, só aceptarase a incrición de 2 participantes por entidade ou asociación.

Con esta actividade pretendemos facer un achegamento da autodefensa feminista para mulleres que traballan con mulleres. Trátase dunha formación difícil de atopar no territorio galego, e que consideramos oportuno para o currículo das profesionais do eido do xénero. Pola súa extensión (8 horas), consideramos que é un primeiro achegamento a esta formación que pode servir de semente para continuar a quen así o decida.

Docente: Conchi Arnal Claro: Monitora especializada en técnicas de autodefensa con 25 anos de experiencia con grupos de mulleres.

Fundamentación:
Mulleres e homes continuamos inmersas nunca sociedade patriarcal onde existen marcadas relacións asimétricas entre sexos, impedindo en igualdade de condicións o acceso a dereitos fundamentais por parte das mulleres. A diferencia de poder, esculpida pola educación e a socialización, utiliza unha ferramenta feroz para que non se modifique a orde: a violencia de xénero. A violencia estructural sobre as mulleres indica cal é o lugar e o espazo axeitado e cal non (veda sobre o espazo público, sobre a noite, etc), e o lugar dominador-dominada. Por suposto, esto é un continuum e se expresa en graos diversos de menor a maior intensidade e está cruzado por outras variables (clase, procedencia cultural, idade, etc)...
Desde os movementos de emancipación das mulleres decidiuse, hai xa algúns anos, tomar unha postura activa ante a violencia exercida sobre as mulleres, e, entre outras medidas, formarse e difundir formas de autodefensa.
A autodefensa é unha maneira de preparar ás mulleres de forma física pero tamén psicolóxica ante as agresións. Ten un claro obxectivo de aprender a perder o medo, defenderse e atopar seguridade nunha mesma, fronte á inseguridade que, en xeral, desenvolvemos pola educación recibida. É, por isto que intervencións deste tipo están intimamente vencelladas ao desenvolvemento da autoestima e o empoderamento das mulleres individual e colectivamente.
Consideramos axeitado ofrecer unha actividade de formación deste tipo, destinada a mulleres que traballan desde a perspectiva do xénero, polo que pode aportar como complemento da formación que xa teñen, polo carácter multiplicador que poden exercer, ao traballar con outras mulleres, e polo desenvolvemento persoal que implica para elas mesmas.

Metodoloxía:
A metodoloxía é práctica e participativa. Faránse exercicios de quentamento, e aprendizaxe e automatización de técnicas básicas de autodefensa. Ademais de xogos e dinámicas que permitan liberar tensións, recoñecer sensacións de medo, e exercitar actitudes baseadas na seguridade nunha mesma.

Obxectivos:
Achegar as prácticas e a filosofía da autodefensa para mulleres desde a perspectiva do xénero.
Preparar fisicamente ás participantes para que poidan sentirse en forma, a gusto consigo mesmas e para que sexan capaces de repeler un ataque corporal de tipo violento.
Preparar as mulleres para que poidan liberarse do medo, atopar seguiridade en si mesmas, e dotarse de mecanismos para utilizar ante ataques verbais e vexatorios.
Romper estereoripos e roles adquiridos a través da educación que reforzan actitudes desiguais para mulleres e homes.
Complementar a formación das mulleres profesionais que xa traballan con mulleres

Prazas Gratuítas: Máximo de 25 participantes.

Lugar: Pavillón deportivo do Berbés. Vigo

Temporalización: 8 horas. Duas sesións de 4 horas.
Luns 6 Outubro e Martes 7 Outubro de 16:30 a 20:30h

Inscricións: As inscricións ralizaranse na Concellería de Igualdade. 1ª planta da Casa do Concello. Teléfono 986 810 284 en horario de 8 a 15 h. ata completar o número de prazas.


imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100