• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Campaña municipal para a colaboración cidadá fronte a violencia contra as mulleres
21/11/2008    Máis novas
O Concello impulsa a campaña "Cóntao. E se mañá está morta?" para involucrar á cidadanía contra a violencia de xénero

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentaron hoxe a campaña "Cóntao", co gallo da conmemoración do 25 de novembro do Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller. A campaña busca un compromiso da cidadanía na loita contra a violencia de xénero e para acadalo repartiranse 10.000 caixas coas mensaxes da campaña que conteñen unha tarxeta-carné de compromiso, un colgante para o teléfono móbil e un calendario de mesa cun decálogo de responsabilidade individual.

A campaña baséase na entrega dunha documentación informativa para actuar en caso de ser testemuñas dun caso de violencia contra as mulleres, e dun símbolo que nos identifique como persoas comprometidas. Deste xeito, implícase a terceiros nun problema que excede o ámbito persoal ou familiar.

O obxectivo radica en que calquera persoa que coñeza un caso de violencia contra a muller o comunique ao 112 ou ao Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller no número 986 293 963.

Iolanda Veloso explicou que a Tenencia de Alcaldía de Vigo e a Concellería de Igualdade editan 10.000 caixas coas mensaxes da campaña que conteñen unha tarxeta-carné de compromiso, un colgante para o teléfono móbil e un calendario de mesa cun decálogo de responsabilidade individual.

Respecto ao decálogo, explicou que, ademais de comunicar á policía ou aos xulgados o caso de violencia, é fundamental "non xulgar ás vítimas nin xustificar aos agresores", co obxectivo de combatir o silencio e a complicidade que envolven moitos casos de violencia. "Unha persoa que mata a unha muller, que mata á nai dos seus fillos en ninún caso pode ser considerada boa persoa", subliñou. Ademais, anunciou que o decálogo será asumido polo conxunto da cooporación municipal no pleno que terá lugar o vindeiro luns. "Temos o dereito e o deber de axudar as mulleres que están a sofrir violencia de xénero e sabemos que é fundamental a colaboración cidadá, porque en moitos casos de violencia, as mulleres mortas non presentaran ningunha denuncia contra o seu maltratador", explicou a concelleira de Igualdade.


ARQUIVOS ADXUNTOS:
cartel_campana_CoNTAO.pdf  1771 KB
dossier_contra_violencia.pdf  355 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100