Novas
RELACIÓN DE CURSOS NAS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS. ANO 2009
21/12/2008 Máis novasDesde xaneiro a xuño de 2009 desenvolveranse 60 horas de formación nas asociacións e vogalías da muller correspondentes á segunda fase do programa municipal: “Ser muller é unha boa idea” promovido pola Concellería de Igualdade.
Destinatarias: Mulleres maiores de 18 anos.
Relación de cursos: pintura, ioga, arte floral, axilidade mental e prácticas de memoria, autoestima, risoterapia, coñecemento do contorno, reciclaxe e restauración, fotografía, teatro, pilates, informática, decoración de obxectos, bricolaxe e reparacións domésticas, ximnasia de mantemento, e cestería,
As mulleres interesadas nun ou máis cursos poden inscribirse no local da asociación que o vaia a realizar, sexa ou non socia da asociación. De ter algún curso máis demanda que número de prazas, as asociacións e vogalías da muller seleccionarán ás alumnas priorizando ás mulleres do barrio.
As entidades que colaboran no programa poderán cobrar ata un máximo de 7.-€ por alumna e curso, en concepto de matrícula.
No arquivo adxunto figura a relación de cursos que se imparte en cada asociación con información de horarios, períodos de realización, enderezos e teléfonos de contacto das entidades para realizar as inscricións.
Inscricións: Inscríbete xa nas asociacións e vocalías da muller das asociacións veciñais.
Máis información: Na Concellería de Igualdade.1ª planta da Casa do Concello.Telefóno 986 810 284 . www. igualdadevigo.org
ARQUIVOS ADXUNTOS:
relacion_cursos_2_fase_web.doc 103 KB