Novas
Campaña municipal para favorecer o uso non sexista dos xoguetes
27/12/2008 Máis novasA Concellería de Igualdade promove o uso non sexista dos xoguetes coa campaña "Imaxina Vigo".
No trascurso da iniciativa distribuirase nos centros escolares, asociacións veciñais e xogueterías, diverso material, como calendarios, pegatinas e separadores de libros coas lendas: "Ás ferramentas non lles importa que sexan neno ou nena, á boneca tampouco, e a ti?" e "Á corda non lle importa que sexa neno ou nena, ao balón tampouco, e a a ti?.
Neste sentido quérese resaltar que os xoguetes son unha parte fundamental no desenvolvemento da personalidade dos nenos e das nenas, xa que a través dos mesmos se socializan. Por iso a campaña busca xuntar xoguetes e profesións, para incidir no aprendizaxe de distintas capacidades que favorezan a conviviencia entre sexos e enriquezan aos nenos e ás nenas como persoas.
ARQUIVOS ADXUNTOS:
carteis.doc 211 KB