Novas
Xa está en funcionamento o CENTRO DE EMERXENCIA PARA MULLERES EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO
04/02/2009 Máis novasO Concello de Vigo, en colaboración co Consorcio Galego de Servizos de
Igualdade e Benestar e a Secretaría Xeral de Igualdade , ven de pór
en marcha o Centro de Emerxencia para Mulleres en situación de
Violencia de xénero.
Este Centro, que forma parte da Rede Galega de acollemento, nace
coa finalidade de proporcionar aloxamento inmediato e de curta
estancia ás mulleres ( e ás súas fillas e fillos) que se atopen inmersas
nunha situación de malos tratos, garantíndolles un acollemento de
emerxencia mentras se valora a súa situación, se inicia o tratamento ou
se efectúa unha derivación a outro dispositivo máis axeitado.
Para recibir máis información ao respecto pódese contactar a través do
teléfono municipal de atención 24 horas: 986 293 963