• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Homenaxe a 6 mulleres represaliadas
05/02/2009    Máis novas
A Concellería de Cultura e Animación Sociocultural do Concello promove un acto de Memoria Histórica e recoñecemento conxunto para as 6 mulleres homenaxeadas que o Pleno da Corporación Municipal con data 31 de marzo de 2008 acordou incluir no rueiro da cidade.

O Pleno da Corporación Municipal con data 31 de marzo de 2008 acordou incluír no rueiro da cidade de Vigo nomes de mulleres que foron represaliadas, nalgúns casos ata a morte, polo réxime derivado da sublevación militar de 1936.

A Corporación Municipal acolleu propostas de colectivos e organizacións que pretenden contribuír á recuperación da memoria histórica e, á vez, homenaxear a mulleres que poden simbolizar a loita social e política para conseguir unha sociedade mais xusta e democrática.

As rúas que incorporan nomes de mulleres homenaxeadas son:
1. “Ángela Iglesias Rebollar” no Barrio de Teis
2. “Rosario Hernández Diéguez (A Calesa)” na zona da Travesía de Vigo
3. “Carmen Miguel Agra” na zona da Travesía de Vigo
4. “Margarita Bilbatúa Zubeldía” no PERI de Barreiro
5. “Urania Mella Serrano” no PERI de Barreiro
6. “Mercedes Núñez Targa” no Barrio de Pardaíña-Rocio (Bouzas-Coia)


O acto terá lugar na rúa Mercedes Núñez Targa (rúa Tomas Paredes esquina rúa Sil, Pardaiña-Rocio), o día 7 de febreiro ás 12 horas. No acto intervirán unha representación da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 e do Colectivo Violeta, un representante das familias das mulleres homenaxeadas e o Tenente de Alcalde, Santiago Domínguez.

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100