• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
8 de marzo. DIA INTERNACIONAL DA MULLER
05/03/2009    Máis novas
O Consello Municipal da Muller e a concellería de igualdade do Concello de Vigo organizan a FESTA _CRE*ACTIVAS* _que baixo o lema "Imaxinar a
Igualdade non abonda. CREA ACTÚA!" celebrará este domingo, 8 de marzo, na praza "8 de marzo" de Vigo (rúa Camelias entre números 89 e 91) unha
gran festa co obxectivo de gozar dunha xornada de convivencia e de reivindicación.

A festa transformará a centrica praza nun lugar de encontro das mulleres da cidade e do público en xeral , xa que no programa están incluídos
actos para nenas e nenos e persoas adultas.

As actividades previstas desenvolveranse de xeito ininterrumpido de 10,00 h a 20,00 horas e perseguen a participación activa das persoas que
asistan. Así, o público poderá contribuír coas súas mensaxes, á elaboración dun mural e colaborar na lectura de textos seleccionados
relativos á situación da muller.

Contaremos con animación da praza durante todo o día , Graffiti, exposicións, mostra de traballos tradicionais de mulleres, música en
directo a cargo de Dj, rap, folk, cantareiras...

Haberá agasallos para quen asista.
VÉMONOS NA PRAZA!

8 de marzo. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

10:00 a 20:00 horas

Animación da praza a cargo de Pepa Yáñez e “La Chus”, co seu espectáculo “Pepa e Chus e outras mozas do baúl”.

Grafitti.

Lectura de textos seleccionados.

Exposición “Muller e Ciencia”.

Mostra de traballos tradicionais de mulleres.

Música en directo a cargo de Djs, rap, folk, cantareiras….

Entremeses Salgados (skeches cómicos), a cargo de Rosa Rodríguez, actriz.

11:00 horas. “Cantareiras do alba” do Centro Cultural de Valladares.

11:30 horas. Música rap a cargo de AÍD.

12:00 horas. Saída da manifestación convocada pola Marcha Mundial das Mulleres.

12:15 horas. Actividades circenses para nenas e nenos. Bolas, malabares, diábolos... a cargo de Raquel Oitavén e Mercé Solé (Asociación Pista Cinco).

16:30 horas. Actividades circenses para nenas e nenos. Bolas, malabares, diábolos...a cargo de Raquel Oitavén e Mercé Solé (Asociación Pista Cinco).

17:30 horas. Representación do monólogo “Extresss”, a cargo de Clara Gayo Pérez, actriz de teatro, dramaturga e educadora.

18:15 horas. Representación de “Os Dildos”. Acción músico-teatral. Grupo Chévere. Actrices: Natalia Outeiro “Pajarito” e Patricia de Lorenzo.

19:00 horas. Lectura do Manifesto do Consello Municipal da Muller.

19:15 horas. Música rap a cargo de AÍD.

19:30 horas. Grupo de folk “As Routadas”.

Información de tódalas actividades do mes nos arquivos adxuntos.

ARQUIVOS ADXUNTOS:
folleto.pdf  248 KB
cartel.pdf  1849 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100