• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Convite: Obra de teatro RAZÓNS DE PESO
13/03/2009    Máis novas
Con motivo da celebración do día internacional da muller, a Concellería
de Igualdade, pon en marcha a representación da obra de teatro: "Razóns
de Peso".

Producción: Pinguela Teatro. Unha escritora, unha directora,unha escenógrafa, unha deseñadora de luz, unha deseñadora de vestiario, dúas actrices….. Mulleres cómplices.
Vivimos nunha sociedade que marca a velocidade ata nas miradas. Non hai tempo para observar, para coñecerse realmente, a primeira impresión pretende definirte.
“Pinguela Teatro” quixo poñer esta peza enriba dun escenario para pegar un berro, para soltar cadeas, para mostrar que as persoas están máis alá da súa imaxe. Rachar con tópicos, aprender a dar oportunidades.
Razóns de peso é unha comedia. Pretende achegar este tipo
de problemas ao público dun xeito entretido, provocador,
divertido…



Directora: Anabel Gago. Textos: Clara Gayo
Reparto: Chelo de Rejo e Ana Puente.
Día: Venres, 20 de marzo.
Hora: 20,00 horas
Entrada libre e gratuíta ata completar o aforo
Lugar: Conservatorio Profesional de Música.
Fotógrafo Felipe Prósperi s/n. Vigo (no entorno da avda da Florida)Plano de situación, ver mapa:

http://centros.edu.xunta.es/cmusprofesionalvigo/imagenes/mapa.jpg

ARQUIVOS ADXUNTOS:
dossier_razons_de_peso_09.pdf  752 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100