• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Cubertas as prazas para participar no Módulo Economía e Xénero, prazas gratuitas
23/04/2009    Máis novas
A Concellería de Igualdade ofrece 50 prazas gratuítas para participar no módulo: "Economía e Xénero" do Programa Oficial de Posgrao de Estudos de Xénero organizado pola Universidade de Vigo en colaboración con esta Concellería. O módulo realizarase ao longo do mes de maio.

No módulo impartiranse as seguintes sesións formativas:
"Traballo e Xénero" impartida por Coral del Río Otero. Profesora Titular do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo.

xoves 14 de maio de 16 a 21 h.
venres 15 de maio de 16 a 21 h
sábado 16 de maio de 10 a 14 h.

"Política Fiscal e Xénero" impartida por María Pazos Morán. Xefa de Estudos de Investigación no Instituto de Estudos Fiscais do Ministerio de Economía e Facenda.

xoves 21 de maio de 16 a 21 h.
venres 22 de maio de 16 a 21 h
sábado 23 de maio de 10 a 14 h.


"Xénero, Familia, Traballo: construción das subxectividades femeninas e masculinas".
Impartida por Mabel Burin. Doutora en Psicoloxía clínica pola Universidade de Belgrano, Bos Aires. Directora do Programa de Estudos de Xénero e Subxectividade na Universidade de Ciencias Empresariais e Sociais de Bos Aires. Arxentina.

xoves 28 de maio de 16 a 21 h.
venres 29 de maio de 16 a 21 h
sábado 30 de maio de 10 a 14 h.

As persoas interesadas en participar deberan realizar unha inscrición previa, antes do 13 de maio, mediante correo electrónico ofi.muller@vigo.org ou fax 986 430 082 indicando o nome completo, enderezo, teléfono, e correo electrónico, engadindo ademais se está interesada ou interesado en asistir ao módulo completo ou polo contrario especificar en que sesión formativa ten interese en participar.
Antes do comezo das sesións a Concellería de Igualdade confirmará as prazas dando prioridade a aquelas persoas que se inscriban na totalidade do módulo.
Acreditarase a asistencia cun diploma.

Lugar de celebración: Facultade de Filoloxía e Tradución. Campus Universitario. Pavillón B- Aula B-6. Vigo

Número de prazas ofertadas: 50
Máis información: 986 810 284 . Concellería de Igualdade
Información sobre os contidos das sesións formativas:
http://webs.uvigo.es/xenero/profesorado_1b.html#modulo_3



ARQUIVOS ADXUNTOS:
invitacion_modulo_posgrao_xenero.pdf  548 KB
folla_de_inscricion.pdf  172 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100