• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
“MÓDULO FORMATIVO: “DEREITO E RELACIÓNS DE XÉNERO”. Aberto o prazo de inscrición!
18/09/2009    Máis novas
A Concellería de Igualdade informa que en breve se abrirá o prazo de inscrición para participar no módulo: “Dereito e relacións de xénero” do Programa Oficial de Posgrao de Estudos de Xénero organizado pola Universidade de Vigo en colaboración con esta concellería.

Contidos:
- Os diferentes rostros da Violencia de xénero. Alternativas xurídicas e avaliación dos recentes esforzos lexislativos en pro da igualdade efectiva e, en consecuencia, para a erradicación das distintas formas de violencia de xénero.
- O corpo feminino e o seu tratamento xurídico: a reprodución asistida, a interrupción voluntaria do embarazo e a doazón e/ou merca de óvulos.
- Os fundamentos do dereito patriarcal. A análise de xénero do fenómeno legal. O dereito antidiscriminatorio e o feminismo. O contrato social e matrimonial. As normas sobre a identidade sexual, a dependencia, o uso do tempo...

Profesorado:
Juana María Gil Ruíz. Profesora Titular de Filosofía do Dereito da Universidade de Granada.
Ascensión Cambrón Infante. Profesora Titular da Facultade de Dereito da Universidade de A Coruña.
Arantza Campos Rubio. Profesora Titular da Facultade de Dereito da Universidade do País Vasco.-Euskal Herriklo Unibertsitatea.

Prazas: 25 prazas gratuítas.
Inscricións: As persoas interesadas en participar deberán realizar unha inscrición previa mediante correo electrónico ofi.muller@vigo.org ou fax 986 430 082 indicando o nome completo, enderezo, teléfono e correo electrónico,. Pódese descargar o impreso que se adxunta ao final desta nova.
O prazo de inscrición comeza o 23 de setembro e finaliza o 2 de outubro.NON ENVIAR ANTES DO 23 DE SETEMBRO

Número de horas: 42
Datas e horarios:8,9 e 10 de outubro, 19,20, 21, 26, 27 e 28 de novembro.
Os xoves e venres de 16,00 a 21,00 horas e os sábados de 10,00 a 14,00 h.

Máis información: antes do comezo das sesións a Concellería de Igualdade confirmará as prazas, dando prioridade a aquelas persoas empadroadas no Concello de Vigo.
Máis información sobre o profesorado, os contidos, prazo de inscrición e lugar de realización no tfno. 986 810 284 ou na web www.igualdadevigo.org” na sección de Actividades.

ARQUIVOS ADXUNTOS:
anuncio.pdf  90 KB
invitacion_universidade2.pdf  507 KB
folla_inscripcion_(3).pdf  712 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100