Novas
Proxecto SIMMA - medidas para paliar o síndrome da muller maltratada- Inscricións ata o 9 de novembro
02/11/2009 Máis novasO Concello de Vigo, a través da Concellería de Igualdade, pon en marcha a iniciativa “SIMMA”: paquete de medidas para abordar e tratar de xeito integral o Síndrome da Muller Maltratada, proxecto subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade no marco das axudas para o desenvolvemento de programas experimentais e innovadores en materia de prevención e tratamento integral da violencia de xénero.
O proxecto “SIMMA” basease nas seguintes premisas:
a) Non todas as mulleres maltratadas son conscientes da súa situación. Ás veces necesitan axuda para reflexionar sobre as súas vivencias e ser conscientes da súa problemática.
b) É moi importante facilitar o acceso das mulleres a toda a información relevante para apoiar a ruptura co agresor e previr futuras situacións.
c) A muller maltratada padece un conxunto de lesións físicas e psíquicas resultantes das agresións repetidas levadas a cabo polo agresor, que persisten aínda cando os malos tratos desaparecen. Estas consecuencias do maltrato deben ser tratadas a través dunha intervención integral.
Estas medidas son beneficiosas para paliar o síndrome da muller maltratada pero tamén son positivas para o proxecto vital de calquera muller, aínda que non sufra ou sufrira violencia de xénero.
As principais liñas de traballo son: promover a autonomía, paliar o síndrome da mullermaltratada, formar e informar sobre aspectos relacionados coa saúde e reforzar habilidades e competencias sociais, facilitar un espazo de encontro e autoaxuda que facilite a restauración dos proxectos vitais, xunto cun achegamento aos servizos e recursos do concello contra o maltrato.
Esta iniciativa concrétase na realización de 15 obradoiros teórico/prácticos dirixidos a 15 mulleres , preferentemente vítimas de violencia de xénero.
Cada obradoiro será impartido por expertas na materia, e na primeira sesión contaremos ademáis coa colaboración de dúas mulleres que sufriron a situación de maltrato e compartirán a súa experiencia vital co resto do grupo.
Os obradoiros son totalmente gratuítos e porase a disposición das participantes que o necesiten un servizo de coidadoras infantís para a atencións dos fillos e fillas menores de 12 anos.
Inscricións e información:
As inscricións poderanse realizar telefónica ou presencialmente ante a Concellería de Igualdade. Concello de Vigo. Teléfono 986 810 284 en horario de 8,00 a 15,00 h, indicando se necesitará o servizo de atención domiciliaria á infancia.
O prazo de inscrición remata o luns 9 de novembro.
As interesadas poderán participar en todo ou en parte do programa atendendo aos seus intereses e dispoñibilidade.
A Concellería de Igualdade seleccionará ás participantes atendendo aos seguintes criterios:orde de chegada da solicitude, ter condición de vítima de violencia de xénero, mulleres derivadas dos servizos de atención e acollida a mulleres maltratadas, UTS, entidades que
integran o plan local de drogas, así como doutras entidades de iniciativa social.
Para participar no programa non é requisito ter presentada denuncia contra o agresor.
Datas, horario e lugar de celebración
Os obradoiros realizaranse na Casa das Mulleres (rúa romil, 20) desde o mércores 11 ata o venres 20 de novembro en horario de 9,30 a 13,30 e de 16,00 a 20,00 h.
ARQUIVOS ADXUNTOS:
programa_simma_1web.pdf 154 KB