• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Peche e clausura do programa SIMMA
20/11/2009    Máis novas
Hoxe venres finalizou o programa de formación SIMMA -paquete de medidas para paliar o síndrome da muller maltratada- no que participaron quince mulleres vítimas de maltrato derivadas de servizos de atencíon e acollemento a mulleres, servizos sociais de atención primaria, entidades que integran o plan local de drogodependencias e outras entidades de iniciativa social.

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, clausurou este venres o programa Simma, un proxecto que ten por obxectivo abordar e tratar de xeito integral o síndrome da muller maltratada e a prevención da violencia de xénero. Os obradoiros buscan ofrecer ferramentas as mulleres maltratadas mediante o fomento da súa autonomía, a formación en aspectos relacionados coa súa saúde e o reforzo das habilidades e competencias sociais para facilitar un espazo de encontro e autoaxuda que facilite o desenvolvemento dos seus proxectos vitais.

Os 15 obradoiros realizados, que comezaron o 11 de novembro con carácter gratuito, foron impartidos por expertas en cada unha das materias abordadas, dende as técnicas de autoestima, a planificación familiar, a educación infantil, a xestión do estréss, as competencias para o emprego,informática, e recursos sociais e xurídicos entre outros temas.

O desenvolvemento baseouse nas premisas de que non todas as mulleres maltratadas son conscientes da súa situación, na necesidade de proporcionarlles toda a información relevante para apoiar a ruptura co seu agresor e na pertinencia de ofrecerlles unha intervención integral para superar as consecuencias físicas e psíquicas do maltrato, que persisten aínda despois de rematar os malos tratos.

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100