• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaBoas Prácticas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Boas Prácticas


Boas prácticas contra a violencia de xénero da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo

-------------------------------------
Actividades Novembro 2010

Programa de actividades que a Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller de Vigo organizan durante o mes de novembro co gallo da conmemoración do 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero.



Descargar programa de Actividades



1. Boas prácticas contra a violencia de xénero da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo

Campaña Municipal contra a Violencia de Xénero dirixido á mocidade (NON É NON) - Nov. 2009 



A Concellería de Igualdade e a Tenencia de Alcaldía de Vigo veñen de pór en marcha, co gallo do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a campaña “NON é NON. Eu teño a chave”. Dirixida ás alumnas e alumnos de ESO e Bacharelato, esta iniciativa pretende que a mocidade reflexione sobre as relacións amorosas e de  amizade que manteñen xa que un importante número de rapazas son vítimas dunha violencia encuberta que as converte en seres sumisos e coarta a súa liberdade.
Nenas e mozas sofren e toleran, nas súas relacións amorosas ou de amizade, comportamentos violentos, abusivos e agresivos que se agochan baixo unha apariencia de normalidade, sen decatarse do que iso supón de menoscabo da súa autoestima, a súa independencia e, en definitiva, a súa liberdade individual.

A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e a Tenencia de Alcaldía queren lembrar á mocidade que aínda que os golpes son a expresión máis visible e radical da violencia sobre as mulleres existen outro tipo de comportamentos que se producen nas súas relacións e que non poden ser considerados “normais” aínda que sexan habituais, e, polo tanto, non poden consentilos.
“NON é NON. Eu teño a chave” pretende, pois, darlle á palabra NON todo o seu sentido. “Non é non” significa que os mozos deben respetar sempre unha negativa e que as mozas deben rexeitar aquilo que non desexan.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Campaña Municipal contra a Violencia de Xénero - Nov. 2008


Na violencia de xénero non hai tregua

A Concellaría de Igualdade está desenvolvendo a campaña "Na Violencia de Xénero non hai tregua", co obxectivo de representar de xeito directo e efectiva a magnitude da traxedia que supón a Violencia contra as Mulleres. Iniciativa que pretende recordar á cidadanía que non se trata de tráxicos sucesos persoais e illados, senón dun grave problema social en cuxa erradicación debemos implicarnos todas e todos: participando activamente na denuncia de casos coñecidos, rexeitando toda clase de comportamentos violentos e participando na prevención desta a través das actividades e programas de educación para a igualdade.

-O Marcador Dixital instalado na confluencia das rúas Ronda de Don Bosco e Príncipe, recorda ás mulleres asasinadas por Violencia de Xénero, indicando o número de mulleres asasinadas en España e actualizándose cada vez que se produce unha nova vítima.

- Siluetas de Mulleres de cor branca e tamaño natural, instaladas na Lonxa do Concello desde maio do 2007. Cada silueta representa unha nova vítima, e, xuntas, representan un grave problema social.

- Dossier da "Campaña Municipal contra a Violencia de Xénero": Arquivo en formato pdf no que se concretan as accións municipais e plans específicos, detállanse os servizos propios e recompila a lexislación vixente. (9 páxinas, 1,30 Mb).

Dossier campaña municipal

- Díptico "Na Violencia de Xénero non hai tregua" : Arquivo en formato pdf editado con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, 25 de novembro, no que se informa á cidadanía das iniciativas municipais tomadas en contra da Violencia de Xénero (2 páxinas, 0,52 Mb).

triptico

- Guía "Como actuar ante a Violencia de Xénero": Arquivo en formato pdf, con información e pautas de actuación en caso de ser vítima de violencia de xénero. (24 páxinas, 3,11 Mb).

Guia Violencia

- Anuncio: Denuncia (MOV)

-Anuncio: Non hai tregua (MOV)

-Anuncio: Ti podes axudar (MOV)

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Protocolo Municipal nos funerais das Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero

A Corporación Municipal Corporación municipal de Vigo, a proposta do Consello Municipal da Muller , aprobou no pleno do mes de decembro de 2007 o seguinte protocolo de actuación ante os casos de mulleres asasinadas a causa da violencia de xénero.

Protocolo de actuación

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Amores que deixan pegada





 

 

 

 

 25 de Novembro, Día Internacional
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



Cartel ficha policial

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Material Campaña Municipal

 ---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Teleasistencia


Programa de teleasistencia móbil para as vítimas da violencia de xénero.
Solicitudes no Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.

Máis información


---------------------------------------------------------------------------------------------------------


-Observatorio da Violencia de xénero da Fundación Mulleres

-Boas prácticas recollidas polo Ilustre colexio de avogados de Álava

-Boas prácticas en coordinación policial ante a Violencia de Xénero (Xunta de Galicia)

-Abordaxe da Violencia de Xénero dende o ámbito sanitario (Xunta de Galicia)

-Cómic do Concello Bilbao sobre as relación de parella e o maltrato

-Guía non sexista dirixida a mozas

-Biblioteca en liña sobre a Violencia de Xénero

-Guía para mulleres maltratadas

-Guía de sensibilización sobre Violencia de Xénero

-Materiais para previr a violencia dende o marco educativo





imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100