• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaOnde acudir. Recursos e Servizos  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Onde acudir. Recursos e Servizos

SERVIZOS E RECURSOS PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO. CONCELLERÍA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE VIGO


I. A OFICINA DE IGUALDADE


Contacto:
Casa do Concello. 1º andar
Praza do Rei, 1, 36202, Vigo
Teléfono: 986 810 284
Fax: 986 430 082
enderezo electrónico: ofi.muller@vigo.org
web: igualdadevigo.org
Horario: luns a venres de 8.00 a 15.00 h.


A oficina de Igualdade xestiona a programación da concellería, avalía as políticas de igualdade e fomenta a participación das mulleres en todos os ámbitos apoiando o asociacionismo.

É o órgano municipal que:
  • planifica e executa as accións destinadas á prevención, concienciación e tratamento da violencia de xénero,
  • coordina os servizos exteriores municipais: Centro de Información dos Dereitos da Muller, Rede Municipal de Vivendas, Servizo de Atención Domiciliaria á Infancia, Centro de Documentación de Recursos Feministas, Casa das Mulleres.
  • leva a cabo programas de prevención e concienciación social: "Camiña con nós pola Igualdade" dirixido á comunidade educativa dos centros de ensino da cidade; obradoiros formativos para o alumnado de secundaria; "programa Irene" de información formación e prevención da violencia sexual na mocidade; "Enlaza Vigo", etc.
  • desenvolve campañas de sensibilización social: "Na violencia de xénero non hai tregua", "Non sexas cómplice"
  • elabora e difunde materiais e recursos dirixidos a informar, formar e concienciar sobre a prevención e o tratamento da violencia de xénero.

II. SERVIZOS DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO

O CENTRO DE INFORMACIÓN DOS DEREITOS DA MULLER. CIM


Contacto:

Rúa Romil, 20, baixo, 36202 Vigo
Teléfono: 986 293 963
Fax: 986 201 153
Horario: luns a venres de 9.00 a 13.30h.
xoves de 15.00 a 18.00 h.

Servizo onde se promove unha intervención interdisciplinar e integral desde unha perspectiva de xénero.
O equipo está formado por avogada, psicóloga, traballadora social e auxiliar administrativa.

Programas que desenvolve:

a) Atención social, psicolóxica e xurídica a mulleres vítimas de violencia de xénero:
-Atención psicolóxica especializada: asesoramento, intervención en crise, terapia individual, terapia grupal e familiar.
-Asesoramento e apoio social: información, orientación e asesoramento acerca de recursos de aloxamento e/ou acollemento, recursos educativos, recursos e prestacións socio-económicas, información e derivación a recursos de emprego.
-Asesoramento e asistencia xurídica: asesoramento en todo tipo de consultas penais e de familia, asesoramento e seguimento nos procesos penais e de familia, asistencia nas xestións xurídicas que procedan.

b) Atención psicolóxica a menores vítimas de violencia de xénero:
Servizo que ofrece apoio psicolóxico a fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero. Accédese a través da derivación das técnicas do CIM.

c) SADI. Servizo de Atención Domiciliaria á Infancia: servizo de atención e coidado persoal das nenas e dos nenos menores. Dirixido a mulleres con fillos e fillas menores de 12 anos que teñan unha necesidade xustificada de conciliación familar, e que non superen un determinado límite de ingresos.
Ten lugar na casa da beneficiaria desde a hora solicitada ata o seu regreso.
A duración máxima é de 4 horas en horario comprendido entre as 7.00 h. e as 23.00 h. de luns a venres.
Os seus obxectivos son: contribuír á harmonización da vida labora le persoal das mulleres,
en especial das mulleres vítimas de violencia; favorecer a incorporación da muller ao emprego; fomentar a formación académica e ocupacional das mulleres, potenciar e facilitar a participación das mulleres nas actividades de asociacionismo: ANPAS, movemento veciñal, asociacións culturais , etc; acadar tempo propio e persoal, específicio para cada muller.
Tamén en casos de urxencia como poden ser: comparecencia ante calquera administración, ingresos hospitalarios, accidentes; atención a casos de extrema gravidade mentres non poidan ser resoltos por outros servizos especializados.
Accédese tras solicitude e valoración da traballadora social do CIM.

d) ATENPRO. Servizo de Atención e Protección. Teleasistencia Móbil: ofeece ás vítimas de violencia de xénero unha atención inmediata e a disatancia as 24 horas do día, os 365 días do ano. Accédese tras solicitude e valoración da asesora xurídica do CIM.

e) Asesoramento en liña e telefónico:
TELÉFONO DA MULLER 24 HORAS: 986 293 963
Servizo municipal de información e asesoramento telefónico para mulleres, dirixido especialmente ás mulleres vítimas de violencia.
Atendido as 24 horas do día por persoal especializado, asegura unha orientación inmediata e precisa sobre recursos e servizos existentes na comunidade, achegándolles información urxente sobre recursos legais e sociais ao seu alcance, apoio e atención en situacións de angustia.

INFORMACIÓN E ATENCIÓN ON-LINE A TRAVÉS DA SUBWEB VIOLENCIA DE XÉNERO
A través deste espazo web toda a cidadanía (veciñanza, asociacións, profesionais, e en especial as mulleres que están a sufrir malos tratos), poderán obter, entre outros servizos, información e vías de atención e consulta de forma áxil.
Atlas de recursos
Información de interese
Formulario de citas-on-line en diversas linguas
Formulario de consulta on-line en diversas linguas
Publicacións específicas sobre Violencia de Xénero
Novas de prensa
Enlaces de Interese
Boas Prácticas
Enquisa de satisfacción


III. RECURSOS DE ACOLLEMENTO E PROTECCIÓN:

Contacto:
O enderezo é confidencial por motivos de seguridade
Teléfono municipal de información: 986 293 963


O CENTRO DE EMERXENCIAS PARA MULLERES EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO:
O Concello de Vigo, en colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a Secretaría Xeral da Igualdade, pon en marcha este centro coa finalidade de ofrecer un aloxamento inmediato e de curta estancia ás mulleres e ás seus fillos e fillas ou persoas que delas dependan, que se atopen nunha situación de violencia de xénero.

Garántelles un acollemento de emerxencia mentres se valora a súa situación, se inicia o tratamento ou se efectúa a derivación a un dispositivo más axeitado.

Características:
Estadía máxima: tres meses.
Ámbito territorial: termo municipal de Vigo e área metropolitana, ámbito provinical, autonómico.
Ámbito supraautonómico conforme o Acordo da Conferencia Sectorial de Igualdade do 21 de xullo de 2014.
Neste acordo establécese a colaboración entre comunidades autónomas para a derivación de vítimas de violencia de xénero entre centros de acollida.
Capacidade: 20 prazas
Persoal: directora, avogada, psicóloga, traballadora social, educadoras sociais, persoal de servizos xerais.
Integrado na Rede Galega de Acollemento

Prestacións:
-Aloxamento de uxencia con aloxamento, protección, manutención e prestacións básicas (alimentación, farmacia, hixiene, etc.).
-Avaliación psicosocial e, no seu caso, psicolóxica.
-Apoio educativo, social, de saúde e persoal nas relacións interpersoais e no establecemento dunha convivencia no centro.
-Intervención por parte do equipo de profesionais: psicolóxica, xurídica e psicosocial.
-Derivación a outro recursos en caso de que proceda.

Condicións de ingreso: mulleres maiores de idade, vítimas de malos tratos físicos, psíquicos económicos ou sexuais, ou vítimas de trata e/ou explotación sexual e as persoas delas dependentes que requiran un aloxamento inmediato e urxente ou que carezan de reucrsos propios para frontar a situación.
Condicións especiais de ingreso:
As mulleres con problemas de drogadicción e/ou alcoholismo: só poderán ingresar, logo da correspondente valoración, si están nun programa de deshabituación con seguimento terapéutico ou médico, debidamente acreditado por un informe médico ou terapeuta. En ningún caso se permitirá a estancia no centro si existe un consumo activo de substancias e/ou alcohol.
As mulleres con trastornos mentais graves deberán acreditar a traveś dun informe psiquiátrico que conservan unha capacidade funcional axeitada para a súa integración no centro. Non se permitirá o ingreso no caso de trastornos mentais graves en fase aguda, sintomatoloxía activa ou descompensada.
No caso de mulleres que padezan unha enfermidade infecto-contaxiosa, poderán ingresar sempre que acompañen informe médico no que se valoren os riscos que poidan existir para as outras persoas coas que conviva, así como a viabilidade das medidas e coidados que sexa necesario poñer en práctica.

Vía de acceso: o CEMVI está integrado na Rede Galega de Acollemento. A Xunta de Galicia estableceu un protocolo para a derivación á Rede Galega de Acollemento que foi asinado polas distintas entidades que conforman a rede o 26 de maio de 2016.
Pode descargarse o protocolo e os correspondentes anexos de solicitude no seguinte enlace:
http://igualdade.xunta.gal/es/recursos/rede-galega-de-acollemento


A REDE MUNICIPAL DE VIVIENDAS DE PROTECCIÓN PARA MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO:
Centros de servizos sociais que teñen a finalidade de acoller temporalmente a mulleres vítimas de violencia de xénero e persoas delas dependentes que carezan de suficientes recursos económicos e persoais para afrontar a ruptura de vínculos co agresor.

Características:
Estadía máxima: de 6 a 12 meses
Capacidade: 3 vivendas de propiedade municipal con 12 prazas en total
Acceso: mulleres vítimas de malos tratos e fillos/fillas e ou persoas dependentes delas, que despois da śua estadía no Centro de Emerxencia carezan de recursos propios para facer fornte á situación.
O procedemento de ingreso iniciarase coa proposta motivada do equipo de profesionais do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller, que se remitirá á Concellería competente en materia de Igualdade, que aprobará ou denegará o ingreso na vivenda, logo de ter en conta as valoracións efectuadas polas profesionais.

Prestacións:

-Cesión de uso da vivienda e manutención.
-Intervencion do equipo de profesionais no CMIDM, en tratamento ambulatorio: apoio psicolóxico, xurídico e social, no horario do centro; programa de reinserción social dirixido a acadar a progresiva autonomía da muller e de seus fillos e fillas; acceso a recursos e servizos sociais que correspondan.
-Seguimento e apoio a través dun programa de educación familiar individualizado.
imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100