• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaRecursos e prestacións socio-económicas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Recursos e prestacións socio-económicas
A seguinte é unha selección de posibles axudas ás que poden acollerse as vítimas de violencia de xénero, con enlaces para poder acceder á unha información máis ampliada. Non obstante, debes ter en conta que cada unha delas ten os seus propios requisitos (como por exemplo, atoparse nunha determinada situación económica ou familiar) e que ademais algunhas son incompatibles entre si ou existe un determinado número de veces ás que se pode acceder a elas. Por isto, se estás interesada en solicitar algunha destas axudas, é recomendable que acudas ao Centro de Información dos Dereitos da Muller, e pidas unha cita para recibir unha información actualizada e personalizada, adecuada ás circunstancias persoais concretas. Axudas de pago único (artigo 27 Lei 1/2004) Axuda periódica de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero (artigo 39 Lei 11/2007) Fondo de garantía de indemnizacións (artigo 43 Lei 11/2007) Indemnizacións a fillas/os de vítimas mortais por violencia de xénero e a mulleres gravemente feridas Subvencións para facilitar a mobilidade xeográfica das mulleres vítimas de violencia de xénero Procedemento abreviado para a percepción da renda de inclusión social de Galicia (artigo 41 Lei 11/2007) A Renda Activa de Inserción (RAI) As axudas de emerxencia da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo Fondo de Garantía de Pago de Alimentos (tramitacón de urxencia) Exencións en pago de taxas e axudas a estudos Exencións en taxas e prezos públicos municipais Dereito á escolarización e axudas escolares (artigo 42 Lei 11/2007) Acceso á vivenda (artigo 44 Lei 11/2007) Axudas e Asistencia ás Vítimas de Delito Emega: Axudas económicas de apoio ao emprendemento feminino Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero Bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións de formación profesional para o emprego
  Recursos e prestacións socio-económicas

 


AXUDA ECONÓMICA DE PAGO ÚNICO

 

A Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, no seu artigo 27, establece o dereito a percibir unha axuda económica ás mulleres vítimas de violencia de xénero que se sitúen nun determinado nivel de rendas e respecto das que se presuma que, debido á súa idade, falta de preparación xeral ou especializada e circunstancias sociais, terán especiais dificultades para obter un emprego. Trátase dun dereito subxectivo mediante o que a citada Lei Orgánica asegura un dos seus principios reitores, recollido no seu artigo 2, letra e): garantir dereitos económicos para as mulleres vítimas de violencia de xénero, co fin de facilitar a súa integración social.

É competencia da Xunta de Galicia a súa tramitación, conforme o artigo 40 da Lei 11/2007, galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

 

Convocatoria ano 2023:

 

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento SI434B) (DOG nº 19, do 27 de xaneiro de 2023)

Natureza e contía: pago único en función da situación familiar da beneficiaria.

Prazo de solicitude: desde o 28 de xaneiro ata o 30 de novembro de 2023.

Lugar de presentación:

  • Secretaría xeral da igualdade

  • Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es

  • En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

     





PRESTACIÓN PERIÓDICA PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO

A Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, dispón no seu artigo 39 que a Xunta de Galicia establecerá, a través do departamento competente en materia de igualdade, unha prestación económica dirixida ás mulleres que sofren violencia de xénero.

 

Convocatoria 2023:

Bases reguladoras:

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo. (DOG nº 1, do 02.01.2019)


RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se modifica a Resolución do 17 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (código de procedemento SI434A)

Convocatoria:

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convoca para o ano 2023 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (código de procedemento SI434A). (DOG nº 2, do 3 de xaneiro de 2023)

Resolución do 16 de maio de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se modifica a Resolución do 15 de decembro de 2022 pola que se convoca para o ano 2023 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (DOG nº 104 do 2 de xuño de 2023).


Beneficiarias: Vítimas de formas de violencia de xénero sinaladas nas alíneas a) violencia física, b) violencia psicolóxica, f) trata de mulleres e nenas, g) violencia vicaria e i) explotación sexual, do artigo 3 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Cumprir o resto de requisitos

Natureza e contía das prestacións:

A axuda consiste nunha contía económica destinada directamente á beneficiaria, de carácter periódico, ata o máximo de 12 mensualidades, sempre que nese período subsistan as circunstancias polas que se concedeu. O cómputo do período empeza o mes da solicitude.

Prazo de presentación: aberto con carácter permanente durante todos os exercicios (todo o ano)

Presentación:
  • Secretaría Xeral da Igualdade
  • Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es
  • En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.




FONDO GALEGO DE INDEMNIZACIÓNS

Regulada no artigo 43 da Lei 11/2007:

  1. A Xunta de Galicia concederá indemnizacións, que se aboarán por unha soa vez, na contía que regulamentariamente se estableza, a favor das mulleres que sofren violencia de xénero e/ou das e dos menores ou persoas dependentes afectadas que residan en Galicia e que non poidan percibir as indemnizacións que lles correspondan polos danos e as perdas causados, e que resultarán fixadas mediante sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede no territorio galego.

  2. Estas indemnizacións aboaranse cando exista constatación xudicial de incumprimento do deber de satisfacelas por insolvencia económica e este incumprimento comporte unha situación de precariedade económica, de acordo cos límites e coas condicións que se fixen regulamentariamente.

Convocatoria 2023:

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento SI434B) (DOG nº 19, do 27 de xaneiro de 2023)


Prazo de solicitude: desde o 28 de xaneiro ata o 30 de novembro de 2023

Lugar de presentación:

  • Secretaría Xeral da Igualdade

  • Na sede electrónica da Xunta de Galicia:  https://sede.xunta.es

  • En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 


INDEMNIZACIÓN A FILLAS E FILLOS DE VÍTIMAS MORTAIS POR VIOLENCIA DE XÉNERO E A MULLERES GRAVEMENTE FERIDAS

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento SI460A). (DOG nº 6 do 10/01/2023)


Natureza e contía das prestacións:

Axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a concesión de axudas de indemnización económica dirixidas a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.

 

Prazo de presentación: 11/01/2023 - 30/11/2023


Lugar de presentación:

En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.




 
SUBVENCIÓNS PARA FACILITAR A MOBILIDADE XEOGŔAFICA DAS MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para facilitar a mobilidade xeográfica das mulleres vítimas de violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento SI451B).

Natureza das prestacións: 
axudas para a mobilidade xeográfica das mulleres vítimas de violencia de xénero cando, a causa desa situación de violencia, se viran obrigadas a cambiar a súa residencia habitual como consecuencia da súa contratación por conta allea ou establecemento por conta propia, coa finalidade de apoialas no comezo dunha nova vida ou situación libre de violencia.

Prazo de solicitude: ata o
30 de novembro de 2023

Lugar de presentación:

En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.




 


Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)

Normativa

LEI 11/2007, galega para o tratamento e a prevención da violencia de xénero (artigo 41)

Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia (DOG nº 249 do 31/12/2013).

Definición: prestación pública destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, así como a acadar progresivamente a súa autonomía e integración social e laboral, mediante o dereito e o deber a participar en procesos personalizados de inserción con apoio técnico e financeiro do Sistema galego de servizos sociais e do Sistema público de emprego de Galicia.

 

Tramitación abreviada por razón de violencia de xénero

Artigo 41: Cando se reflicta no informe de valoración social que a persoa solicitante é vítima dunha situación de violencia de xénero, acreditada por calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e tratamento da violencia de xénero, os trámites para a concesión da Risga terán carácter de urxencia e tramitaranse con carácter prioritario ás demais solicitudes. O mesmo será de aplicación aos supostos acreditados de violencia doméstica, así como aos supostos de persoas vítimas de explotación sexual-laboral en redes de trata de seres humanos, logo da constatación da súa cooperación coas autoridades na investigación do delito.

Prazo de presentación: todo o ano

Lugar de presentación

  • Nos servizos sociais comunitarios do concello de residencia.

  • En calquera outro dos rexistros ou oficinas sinalados na normativa reguladora do procedemento administrativo común

     




    RAI: Renda Activa de Inserción

Real Decreto 1369/2006, do 24 de novembro, polo que se regula o programa de renda activa de inserción para persoas desempregadas con especiais necesidades económicas e dificultade para atopar un emprego.

E un Programa xestionado polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) coa colaboración do Servizo Público de Emprego da Comunidade Autónoma, de apoio á inserción laboral de colectivos con especiais dificultades para incorporarse ao mercado de traballo e en situación de necesidade económica.
Implica o pago dunha renda mensual e axudas suplementarias en determinados supostos.
A axuda económica compleméntase con asesoramento individualizado para a procura de emprego e accións de formación e inserción laboral xestionadas polo Servizo Público de Emprego da Comunidade Autónoma.

Colectivos beneficiarios

  • Persoas en desemprego de longa duración maiores de 45 anos

  • Emigrantes retornados maiores de 45 anos

  • Vítimas de violencia de xénero ou doméstica

  • Persoas con discapacidade igual o superior ao 33%

 

Contía e duración:

80% do IRPEM mensual vixente en cada momento. A duración máxima da percepción da renda será de 11 meses. Durante a percepción da RAI o SEPE ingresará as cotizacións á Seguridade Social.

A axuda pódese solicitar ata un máximo de 3 veces, pero deber haber un intervalo dun mínimo de 12 meses entre unha e outra.

Nos casos específicos de violencia de xénero ou discapacidade, os 33 meses pódense cobrar de forma seguida, sen o ano de espera.

Axudas complementarias:

  • No caso de vítimas de violencia de xénero ou doméstica ten dereito a unha axuda suplementaria de 3 mesualidades cando por este motivo se vexa na obriga de cambiar a súa residencia.

Prazo de presentación: todo o ano

Lugar de presentación:

  • A sede electrónica do SEPE

 



PROGRAMA DE AXUDAS ECONÓMICAS DIRECTAS DE APOIO PARA MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO DO CONCELLO DE VIGO

A finalidade destas axudas é a de apoiar ás mulleres en situación acreditada de violencia de xénero para afrontar unhas necesidades derivadas principalmente da violencia de xénero no proceso de ruptura co agresor e sempre que, a xuízo dos servizos municipais de atención á muller, non poidan ser cubertas pola beneficiaria.
Todas as axudas concedidas terán o carácter de temporais, non periódicas, e poderán facer fronte aos seguintes gastos: cartos mensuais de peto, lavandería, alimentación, hixiene, farmacia, alugueiro, transporte, traslados de seguridade, actividades formativas, extraescolares, submnstros da vivenda, enxoval e/ou outras necesidades urxentes e inmediatas.

    Convocatoria 2023:

Bases reguladoras publicadas no BOPPO núm. 6 do 10/01/2023

    Prazo para a presentación de solicitude: desde o 17 de xaneiro ata o 26 de decembro de 2023

    Lugar de presentación: Rexistro Xeral municipal, ou por calquera dos medios indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
    Enlace ás bases e solicitude

 


FONDO DE GARANTÍA DE PAGO DE ALIMENTOS

É un fondo público xestionado pola Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

Está regulado polo Real Decreto 1618/2007, de 7 de decembro (BOE de 14 de decembro de 2007).

A finalidade do Fondo é garantir aos menores de idade e aos maiores con discapacidade, o pago dos alimentos (pensións alimenticias), recoñecidos en resolución xudicial ou convenio xudicialmente aprobado (en supostos de separación legal, divorcio, declaración de nulidade, procesos de filiación ou alimentos), cando os mesmos resulten impagados pola persoa obrigada a satisfacelos.

Tramitación polo procedemento de urxencia

Tramítase de urxencia cando concorre algunha das dúas situacións seguintes:

  1. Os recursos da unidade familiar non superan o límite económico antes indicado, minorando o coeficiente en 0,5 puntos (Así: se se integra un só menor o límite é 1 vez o IPREM; se se integran 2 menores 1,25 veces o IPREM etc.).

  2. A persoa que ostenta a garda e custodia do menor é vítima de violencia de xénero, nos termos previstos na Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro. Esta condición acredítase mediante sentenza condenatoria ou resolución xudicial que acorde como medida cautelar para a protección da vítima a prohibición de aproximación ou prisión provisional do inculpado, así como na forma prevista no artigo 23 da citada Lei Orgánica.

Prazo de presentación: todo o ano

Lugar de presentación: Rexistros da Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas, das Delegacións de Economía e Facenda, e calquera dos contemplados no artigo 38 da Lei 30/1992, de RJAP e do Procedemento Administrativo Común

 

 

 

EXENCIÓNS EN PAGO DE TAXAS E AXUDAS PARA ESTUDOS:

 

EXENCIÓN DE TAXAS UNIVERSITARIAS:

DECRETO 98/2023, do 22 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2023/24 (DOG nº 124, do 30/07/2023)

Arttgo 12. Exencións:

6. Vítimas de violencia de xénero.


De conformidade co previsto na Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, as persoas que teñan a condición de vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos e fillas e menores de idade suxeitos á súa tutela e garda e custodia, están exentas do pagamento dos prezos públicos por servizos académicos. En consecuencia, deberán aboar unicamente os prezos da tarifa terceira.

Os menores que estean suxeitos á tutela e garda e custodia das mulleres vítimas de violencia de xénero continuarán gozando da exención prevista anteriormente unha vez que acaden a maioría de idade.

A condición de vítima de violencia de xénero acreditarase mediante calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Declarada a exención por este motivo, manterase durante o período ordinario de realización deses estudos.

 

Orde do 21 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2020/21 ou por unha situación derivada da COVID-19, teña dificultades económicas para continuar estudos (DOG nº 5 do 9 de xaneiro de 2023).

 

Artigo 3. Requisitos das persoas solicitantes

Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:

1. Causas sobrevidas no curso académico 2022/23.

a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista ocorrida no actual curso académico: orfandade absoluta; situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar; condición de emigrante retornado; vítimas de violencia de xénero; vítimas de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).

b) Que a situación sobrevida e imprevista acontecese durante o actual curso académico 2022/23. Entenderase por curso académico o comprendido entre o 1 de xullo de 2022 e o 30 de xuño de 2023.

c) Estar matriculado/a, no curso académico 2022/23, como mínimo en 50 créditos, incluídos os créditos recoñecidos, en estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao, en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado ao cal lle quede un número inferior de créditos para rematar os seus estudos, que deberá estar matriculado, como mínimo, de 30 créditos, incluídos tamén os créditos recoñecidos.

d) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual que estableza a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023 multiplicada por 1,80.

e) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

 
Prazo de presentación:
10/01/2023 - 31/07/2023

Lugar de presentacion: 

  • Na sede electrónica da Xunta de Galicia:https://sede.xunta.es
  • En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

DECRETO 89/2013, do 13 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas de música e artes escénicas, de idiomas, deportivas, de conservación e restauración de bens culturais e nos estudos superiores de deseño.

 

Artigo 7.6: Quedan exentas do pagamento polos servizos académicos regulados neste decreto as alumnas que sufran violencia de xénero. Tamén quedará exento o alumnado cuxas proxenitoras a sufran.

 


EXENCIÓN DE TAXAS MUNICIPAIS
:

Para as seguintes taxas e tributos, o Concello de Vigo establece exencións para poboación que non acade certo límite de ingresos.
Neste enlace atópanse as ordenanzas fiscais municipais:

https://sede.vigo.org/expedientes/sede_textos/texto.jsp?idt=concellodixital11&lang=ga

En concreto, menciónase ás vítimas de violencia de xénero nas segintes:

Ordenanza Fiscal reguladora das taxas pola prestación do servizo das escolas de primeira etapa de educación infantil.

Aplicarase unha bonificación do 100% nas taxas reguladas no artigo 4 da presente ordenanza a todas as nenas e nenos que reciban atención educativa nas escolas municipais de primeira etapa de educación infantil. Continúan excluídas das taxas reguladas na presente ordenanza as prestacións consistentes en manutención e orientación.

Ordenanza reguladora dos Prezos Públicos das Escolas Municipais de Música e Artes Escénicas:

En relación coas vítimas de violencia de xénero, establécese que:

Estarán exentos/as dos Prezos Públicos regulados nesta ordenanza, os membros de familias familias con ingresos brutos anuais per cápita inferiores a 4.166 € e 6.519 € para familias numerosas.

Para a determinación dos Ingresos Brutos anuais per cápita teranse en conta as seguintes normas:

No caso de que algún membro da unidade familiar sexa unha vítima de violencia de xénero acreditada mediante sentenza firme, aplicarase aos seus ingresos brutos o coeficiente 0,35. Este coeficiente será de aplicación durante os primeiros 5 anos contados desde a data da sentenza.

 

Ordenanza reguladora dos Prezos Públicos por utilización das instalacións deportivas municipais dependentes da concellería de deportes.

En relación coas vítimas de violencia de xénero, establécese que:

Atópanse exentos/as do pagamento dos prezos públicos regulados nesta ordenanza: (...) A.2. Os/as usuariosparticipantes no Programa Municipal de escolas deportivas conforme o que segue:

Os alumnos membros de familias con ingresos brutos anuais per cápita inferiores a 4.166 €. Alumnos/as membors de familias numertosas que conten con ingresos brutos anuais per capita inferiores a 6.519 €.

Para a determinación dos Ingresos Brutos anuais per cápita teranse en conta as seguintes normas:

No caso de que a nai ou titora sexa unha vítima de violencia de xénero acreditada mediante sentenza firme, aplicarase aos seus ingresos brutos o coeficiente 0,35. Este coeficiente será de aplicación durante os primeiros 5 anos contados desde a data da sentenza.



Ordenanza Fiscal reguladora dos dereitos ou taxas pola prestación dos servizos dos cemiterios municipais.

Estarán exentos/as das taxas correspondentes á expedición de licenzas de inhumación ou enterramento, os suxeitos pasivos membros de familias con ingresos brutos anuais per cápita inferiores a 4.166 €.

Para a determinación dos Ingresos Brutos anuais per cápita teranse en conta as seguintes normas:

No caso de que o suxeito pasivo sexa unha vítima de violencia de xénero acreditada mediante sentenza firme, aplicarase aos seus ingresos brutos o coeficiente 0,35. Este coeficiente será de aplicación durante os primeiros 5 anos contados desde a data da sentenza.

 

Ordenanza Fiscal reguladora das taxas pola recollida do lixo.

En relación coas vítimas de violencia de xénero, establécese que:

Estarán exentos/as da taxa de lixo da vivenda que constitúa a residencia habitual do/a solicitante, os membros de familias con ingresos brutos anuais per cápita inferiores a 4.166 € e 6.519 € para familias numerosas.

Para a determinación dos Ingresos Brutos anuais per cápita teranse en conta as seguintes normas:

No caso de que o suxeito pasivo sexa unha persoa vítima de violencia de xénero acreditada mediante sentenza firme, ou de protección ou medida cautelar, informe do ministerio fiscal sobre indicios de violencia de xénero, informe dos servizos sociais autonómicos ou locais, así como outras formas de acreditación establecidas na lexislación vixente ( LO 1/2004 de medidas de protección integral contra a violencia de xénero e Lei 11/ 2007 para a prevención e tratamento da violencia de xénero da Comunidade Autónoma) aplicarase a súa renda o coeficiente 0,35. Este coeficiente será de aplicación durante os primeiros 5 anos contados dende a data da sentencia ou dos demais documentos acreditativos.


Ordenanza Fiscal reguladora das taxas pola prestación de servizos de medio ambiente e vida saudable.

En relación coas vítimas de violencia de xénero, establécese que:

Estarán exentos/as das taxas correspondentes das taxas, os suxeitos pasivos membros de familias con ingresos brutos anuais per cápita inferiores a 4.166 € e 6.519 € para familias numerosas.

Para a determinación dos Ingresos Brutos anuais per cápita teranse en conta as seguintes normas:

No caso de que o suxeito pasivo sexa unha persoa vítima de violencia de xénero acreditada mediante sentenza firme, ou de protección ou medida cautelar, informe do ministerio fiscal sobre indicios de violencia de xénero, informe dos servizos sociais autonómicos ou locais, así como outras formas de acreditación establecidas na lexislación vixente ( LO 1/2004 de medidas de protección integral contra a violencia de xénero e Lei 11/ 2007 para a prevención e tratamento da violencia de xénero da Comunidade Autónoma) aplicarase a súa renda o coeficiente 0,35. Este coeficiente será de aplicación durante os primeiros 5 anos contados dende a data da sentencia ou dos demais documentos acreditativos.

 





ESCOLARIZACIÓN:

 

Lei Orgánica 1/2004 de 28 de novembro de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

 

Artículo 5. Escolarización inmediata en caso de violencia de género. Las Administraciones competentes deberán prever la escolarización inmediata de los hijos que se vean afectados por un cambio de residencia derivada de actos de violencia de género.

 

Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Artigo 17.-Escolarización inmediata en caso de violencia de xénero. A Xunta de Galicia asegurará a escolarización inmediata das nenas e dos nenos que se vexan afectados por cambios de centro derivados de situacións de violencia de xénero. Así mesmo, facilitará que os centros educativos lles presten unha atención especial ao devandito alumnado.

Artigo 42.-Axudas escolares. Para a concesión de axudas escolares, a Administración educativa galega, así como a Administración local, ponderarán como factor cualificado a situación de violencia de xénero no contorno familiar das e dos menores, especialmente para axudas en materia de gastos escolares, de transporte, de comedor e de actividades extraescolares.

 

 

AXUDAS ESCOLARES:

Xunta de Galicia

LIBROS DE TEXO


ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). (DOG nº 94 do 19.05.2023)


ESCOLAS INFANTÍS
RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2023 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2023/24 (códigos de procedemento BS402A e BS402F). (DOG nº 53 do 16.03.2023)


RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2023 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o curso 2023/24 (códigos de procedemento BS404A e BS404B). (DOG nº 53 do 16.03.2023)


Artigo 3.c. Procedemento extraordinario.
2º. Os de fillos/as das mulleres que se atopen nunha casa de acollida e/ou sexan vítimas
de violencia de xénero



Concello de Vigo

LIBROS E MATERIAL ESCOLAR:

Axudas municipais de libros, material escolar e comedor para alumnado de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (2ª etapa), educación primaria e secundaria do Concello de Vigo, curso 2023-2024
Bases reguladoras
 


BASE DÉCIMA. Criterios de valoración: Para os efectos do cálculo da renda
per cápita, computarán por dous cando o/a solicitante fose vítima de violencia de xénero.

 


 




ACCESO Á VIVENDA:

Lei Orgánica 1/2004 de 28 de novembro de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

Artículo 28. Acceso a la vivienda y residencias públicas para mayores.

Las mujeres víctimas de violencia de género serán consideradas colectivos prioritarios en el acceso a viviendas protegidas y residencias públicas para mayores, en los términos que determine la legislación aplicable.

 

Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Artigo 44.-Dereito de acceso á vivenda.

A Xunta de Galicia, a través do departamento competente en materia de vivenda e en coordinación co departamento competente en materia de igualdade, garantirá, nos termos que se establezan regulamentariamente, o dereito a unha vivenda ás mulleres que sufran ou sufrisen violencia de xénero e se atopen nunha situación de precariedade económica. Poderán beneficiarse tanto das medidas para o acceso a unha vivenda en propiedade coma en réxime de aluguer.

Artigo 45.-Acceso prioritario ás vivendas de promoción pública.

Na adxudicación das promocións públicas de vivendas daráselles prioridade ás necesidades das mulleres que sufran violencia de xénero e se atopen nunha situación de precariedade económica.

Así mesmo, poderá reservarse un número de vivendas adaptadas para mulleres que sufran violencia de xénero con mobilidade reducida de carácter permanente.

Artigo 46.-Equipamentos sociais especializados.

As mulleres maiores e as mulleres afectadas de diversidade funcional que sufran violencia de xénero, así como as persoas delas dependentes, consideraranse colectivos preferentes para acceder aos equipamentos sociais especializados, nomeadamente residencias para persoas maiores e centros de día.

 

Ley 8/2012, de 29 de junio, de vivienda de Galicia.

Artículo 74. Reservas.

      En cada procedimiento de adjudicación, el Instituto Gallego de la Vivienda y Suelo podrá reservar viviendas para ser adjudicadas a las unidades familiares o de convivencia que se encuentren en alguna de las siguientes situaciones: (entre outros)

      e) Mujeres víctimas de violencia de género.

 

Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025

Real Decreto 42/2022, de 18 de enero, por el que se regula el Bono Alquiler Joven y el Plan Estatal para el acceso a la vivienda 2022-2025.

 Programa 3: Programa de axuda ás vítimas de violencia de xénero, persoas obxecto de desafiuzamento da súa vivenda habitual, persoas sen fogar e outras persoas especialmente vulnerables


 

 

 

AXUDAS E ASISTENCIA ÁS VÍTIMAS DE DELITOS VIOLENTOS E CONTRA A LIBERDADE SEXUAL

A Lei 35/1995, do 11 de decembro, de axudas e asistencia ás vítimas de delitos violentos e contra a libertade sexualestablece un sistema de axudas públicas en favor das vítimas directas ou indirectas de delitos dolosos e violentos cometidos en España con resultado de morte, ou de lesións graves, ou de danos graves na saúde física ou mental. Así mesmo, prevense axudas en favor das vítimas directas dos delitos contra a liberdade sexual, aínda cando se perpetren sen violencia.

Prazo de solicitude: un ano, contado desde a data na que se produciu o feito delituoso. Non obstante, ese prazo interrómpese co inicio do proceso penal e ábrese de novo desde que recaia a resolución xudicial firme.

Lugar de solicitude: Rexistros da Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas, das Delegacións de Economía e Facenda, e calquera dos contemplados no artigo 38 da Lei 30/1992, de RJAP e do Procedemento Administrativo Común

 

PROGRAMA EMEGA: AXUDAS ECONÓMICAS DE APOIO AO EMPRENDEMENTO FEMININO

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento SI429A)

Descrición:
conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como para ter acceso a servizos específicos de acompañamento, asesoramento e titorización co obxecto de facilitar a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

Prazo de solicitude: un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución. Desde o 8 de xullo ata o 7 de agosto de 2023.

Lugar de presentación da solicitude: obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.



SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS DE INSERCIÓN LABORAL DIRIXIDOS A MULLERES EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Resolución do 30 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (DOG nº 20 do 30 de xaneiro de 2023). (DOG nº 20 do 30.01.2023)

Resolución do 31 de xullo de 2023,
da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 152 do 10 de agosto de 2023)


SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O FOMENTO DA CONTRATACIÓN DE MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO, NO MARCO DO PACTO DE ESTADO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Resolución do 15 de xuño de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación, por parte de entidades sen ánimo de lucro, de mulleres que sofren violencia de xénero, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 122 do 28 de xuño de 2023).

Descrición: subvencións destinadas a financiar a contratación, por parte das entidades sen ánimo de lucro, de mulleres que sofren violencia de xénero, ao abeiro do disposto na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, ata un máximo de doce (12) mensualidades para mellorar e facilitar a súa inserción laboral. Por medio desta convocatoria as entidades terán a posibilidade de obter axudas para a contratación por conta allea de mulleres que sofren violencia de xénero.

Entidades beneficaras
: entidades sen ánimo de lucro e cooperativas sen ánimo de lucro, con domicilio social en Galicia.

Persoas destinatarias finais:
As mulleres vítimas de violencia de xénero, incluídas as mulleres que padecesen violencia vicaria ou violencia «por interpósita persoa», con resultado de morte, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia. Para os efectos desta resolución, entenderase por mulleres en situación de violencia de xénero todas aquelas que cesasen a relación de convivencia ou dominación co agresor, se é o caso, e acrediten a situación de violencia.

Prazo de solicitude: do 29/06/2023 ao 28/07/202


BOLSAS E AXUDAS PARA PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS QUE PARTICIPEN EN ACCIÓNS FORMATIVAS DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

Orde do 24 de outubro de 2022
pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes aos exercicios 2022 e 2023 (DOG nº 206 do 28 de outubro de 2022)

Descrición: concesión directa de subvencións por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas no marco da formación profesional para o emprego financiada pola referida consellería,que se inicien no período comprendido entre o día da entrada en vigor desta orde e o 31 de outubro de 2021, coa excepción da formación incluída en programas integrados de emprego e obradoiros de emprego.

Prazo de solicitude: a
persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito.
 

Vítimas de violencia de xénero:
Artigo 9. Axudas para mulleres vítimas de violencia de xénero
1. As persoas traballadoras desempregadas que asistan a accións de formación as que se refire esta orde e que teñan a condición de muller vítima de violencia de xénero, terán dereito a percibir unha axuda de dez euros por día de asistencia, acumulables, de ser o caso, ao resto de bolsas e axudas que poidan corresponderlle.
2. Para aquelas subvencións en concepto de bolsas e axudas en que se establezan límites de rendas da unidade familiar ou de convivencia para a súa percepción, quedan excluídos do cómputo das rendas os ingresos da persoa agresora.

Lugar de presentación da solicitude:
Na sede electŕonica da Xunta de Galicia:  https://sede.xunta.gal
Presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100