• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaConvocatorias  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Convocatorias
Convocatoria de subvencións para a concesión de axudas a entidades deportivas de Vigo para a promoción do deporte feminino na tempada 2018/2019 (finalizado prazo presentación de solicitudes) )
04/04/2019    Máis convocatorias
O obxecto das subvencións ao que se refiren as presentes bases responde á finalidade de promover o deporte feminino a través do apoio económico ás entidades deportivas da cidade de Vigo que fomenten a participación e promoción das nenas e mulleres nas distintas disciplinas deportivas (equipos e/ou individuais).

Prazo solicitudes: 04/04/2019 - 17/04/2019

Poderán presentarse a esta convocatoria os clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas, e entidades deportivas de Vigo que teñan un mínimo de 10 licenzas femininas na tempada 2018-2019, ou do ano 2019 no caso das modalidades cuxa tempada deportiva sexa anual, e reúnan os demais requisitos establecidos na cláusula quinta das bases do programa.

O prazo para presentar as solicitudes é de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O extracto publicouse no BOP nº 65 do día 3 de abril de 2019, polo que, o prazo para presentar as solicitudes comeza o 4 de abril de 2019 e remata o día 17 de abril de 2019.

En cumprimento da obriga imposta polo artigo 14.2.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPAC), establécese o emprego, de xeito exclusivo, de medios electrónicos para presentar e tramitar a solicitude desta subvención a través da sede electrónica do Concello de Vigo, por calquera dos mecanismos de identificación admitidos na sede electrónica da web municipal.

As solicitudes de subvención achegaranse debidamente cumprimentadas , mediante os modelos oficiais que están dispoñibles na páxina web vigo.org sección “convocatorias e subvencións”. Os anexos son editables polo que se poden cubrir no ordenador e gardar.


Anexos para presentar coa solicitude: Anexo I , Anexo II A e/ou Anexo II B, Anexo III, Anexo IV-1 e Anexo IV-2 (e demais documentación indicada na cláusula 11ª)

Anexos para presentar a xustificación da axuda concedida: Anexo V, Anexo VI e Anexo VII ( e demais documentación indicada na cláusula 15ª). Esta documentación só se deberá presentar unha vez que a entidade beneficiaria reciba a comunicación da Resolución da concesión da axuda.

ARQUIVOS ADXUNTOS:
Bases_e_anexos_galego.pdf  288 KB
ANEXO_I_editable.pdf  107 KB
ANEXO_IIA_editable.pdf  104 KB
ANEXO_IIB_editable.pdf  107 KB
ANEXO_III_editable.pdf  87 KB
ANEXO_IV_1_editable.pdf  106 KB
ANEXO_IV_2editable.pdf  76 KB
Anexo_V_editable.pdf  83 KB
ANEXO_VI_editable.pdf  84 KB
ANEXO_VII_editable.pdf  112 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100