• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Inaugurado o Centro de Documentación e Recursos Feministas
26/03/2010    Máis novas
Onte foi inaugurado o Centro de Documentación e Recursos Feministas polo Tenente de Alcalde, a concelleira de Igualdade e o concelleiro de Cultura. O Centro emprázase na 2ª planta da Biblioteca Central (rúa Joaquín Yañez,6. Casco Vello)

Este centro, dependente da Concellería de Igualdade, é un servizo de xestión de información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido ao público en xeral ou a persoal especializado e interesado nas citadas temáticas. Recolle a documentación recompilada pola extinta asociación "GECM-Alecrín" desde os anos 80 e o fondo documental xerado pola concellería de Igualdade.

Os fondos da nova dotación municipal están integrados por 8.500 títulos, 150 revistas e 930 pezas audiovisuais, dos que moitos están xa fóra do mercado e descatalogados.

No acto inaugural, a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, agradeceu ao Consello Municipal da Muller, por decidir que a sala da Biblioteca recibise o nome de Centro de Documentación e Recursos Feministas así como a todas as mulleres que dun xeito individual ou colectivo contribuíron coas súas achegas.

O novo Centro ofrece os seguintes SERVIZOS:

. Atención directa ou por medios telemáticos
. Consulta de documentación en sala de lectura
. Préstamo a domicilio
. Préstamo interbibliotecario
. Asesoramento documental
. Busca en base de datos
. Actividades de extensión cultural: exposicións, bibliográficas, animación á lectura, charlas, debates, etc.

Pódese descargar o documento adxunto (formato pdf) para obter máis información sobre: áreas temáticas a consultar, horarios, enderezos de contacto, etc.

ARQUIVOS ADXUNTOS:
centro_docu.pdf  1470 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100