• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Obradoiro de escrita creativa coa poeta Támil Salma
27/05/2011    Máis novas
O Centro de Documentación e Recursos Feministas acolle o venres, 3 de xuño de 17.00 a 19.00 h. o obradoiro de escrita creativa coa poeta Támil Salma.

A finalidade deste obradoiro é promover un intercambio de puntos de vista, dende a perspectiva literaria e a humana, que manifeste que malia pertencer a culturas aparentemente moi distintas, as persoas asistentes poden descubrir que son máis as cousas que as achegan que as que as separan.

Organiza: Implicadas No Desenvolvemento
Colabora: Concellería de Igualdade
Coordinan: Salma e María Reimondez (escritoras)

SALMA. Rokkiah, máis coñecida como Salma (Thuravarankurichi, 1970) é unha das escritoras támiles máis relevantes do panorama literario indio. Salma provén dunha familia tradicional musulmá dunha aldea próxima á cidade de Tiruchirapalli, e como moitas rapazas da súa rexión non rematou a escola primaria. Aínda así, dende os trece anos comezou a escribir poesía e máis adiante comezou a publicar en revistas literarias. Durante anos escribiu na clandestinidade pola oposición da súa familia. Salma ten publicadas varias antoloxías poéticas, entre elas Oru malaiyum, innoru malaiyum (Unha tarde, outra tarde) e Pachai Dvadhai (A deusa verde), e tamén unha novela titulada Irandaam Jaamangalain Kathai (A historia da medianoite), editada por Xerais con tradución ao galego de María Reimóndez. Salma representa neste momento a única voz de muller musulmá no panorama literario de Tamil Nadu. Por outra banda, a súa obra foi obxecto de críticas destrutivas por parte de varios sectores literarios polo uso da sexualidade feminina dunha maneira aberta na súa obra e tamén polo contido feminista dos seus escritos. Ademais, dende o ano 2001 Salma decidiu levar o seu activismo ao campo da política, onde foi elixida membra do Panchayat (asemblea local) para converterse máis adiante en candidata para o seu distrito electoral polo DMK, partido nacionalista támil laico e progresista.


Inscrición previa no teléfono 986 22 90 74 (luns, de 10 a 14 horas / martes a venres, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas). Prazas limitadas

ARQUIVOS ADXUNTOS:
Obradoiro_Implicadas.pdf  213 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100