• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
A exposición "Un mar de Mulleres" visita a Casa das Mulleres
06/06/2011    Máis novas
Desde o 6 ata o 17 de xuño do 2011 poderase visitar a exposición fotográfica dos traballos realizados no mar polas mulleres da zona Grupo de acción costeira Ría de Vigo – A Guarda, na Casa das Mulleres

Esta iniciativa xurdiu na Mesa da Muller do Grupo de Acción Costeira 7 (GAC), coa intención de fomentar a igualdade de oportunidades entre as mulleres e homes.

Durante o verán entrevistouse a un grupo de mulleres que traballan en diferentes organizacións profesionais do sector pesqueiro, desde Cangas ata a Guarda. Coa información recompilada realizouse un documental, unha publicación e unha exposición fotográfica.

O martes 7 de xuño, terá lugar as 19:00 horas o acto de inauguración, no que ademais da exposición celebraremos a Xornada “Un Mar de Mulleres”

Nesta xornada presentarase o traballo que levan realizando mulleres da nosa zona (mariscadoras a pé e a flote, redeiras, bateeiras, lonxeiras, etc.), e animarase as persoas asistentes a solicitar axudas ante o GAC 7.

O acto comezará co saúda da concelleira de Igualdade en funcións, Dona Iolanda Veloso Ríos
A continuación, a xerente do GAC 7 , Dona Elena Herbello Puentes, explicará á orde de axudas e o Plan Estratéxico Zonal.

De seguido Dona Mercedes Lema (Presidenta da Asociación de mariscadoras a pé de Baiona) e Dona Carmen Chamorro (Vicepresidenta da Federación de Redeiras de Galicia) comentarán o traballo de campo realizado.


Por último proxectarase o documental “Un mar de mulleres”.

ARQUIVOS ADXUNTOS:
TRIPTICO_Un_Mar_de_Mulleres_2_1.jpg  449 KB
TRIPTICO_Un_Mar_de_Mulleres_1_1.jpg  403 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100