• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Concurso de Fotografía dixital e Microvídeos: 25 de novembro. Día Internacional contra a Violencia de xénero
28/10/2011    Máis novas
Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de xénero o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo convocan o concurso de FOTOGRAFÍA DIXITAL e MICROVÍDEOS “ co fin de fomentar unha maior implicación e concienciación cidadá en contra da violencia que se exerce sobre as mulleres.

OBXECTO:
O concurso abrangue dúas modalidades:
1) Fotografía dixital.
1) Microvídeo (non superior aos 3 minutos de duración).

Ambas as dúas obras versarán sobre calquera aspecto do tratamento e/ou abordaxe da Violencia de xénero.
A modo de exemplo e sen que teñan carácter excluínte, as obras presentadas poderán tratar algún ou algúns dos seguintes aspectos :
- A prevención e concienciación cidadá
- Avances producidos neste eido
- A complicidade da sociedade
- Os agresores
- Manifestacións da violencia

PRESENTACIÓN DAS PROPOSTAS:
O sistema de inscrición e presentación das obras realizarase únicamente a través da web da Concellería de Igualdade www.igualdadevigo.org, a través dos dous espazos creados na citada web para este concurso:
www.igualdadevigo.org/concursofotografia
www.igualdadevigo.org/concursovideos

PRAZO:
O prazo da admisión das obras comeza o día 31 de outubro de 2011, e finaliza o día 20 de novembro de 2011.

IMPORTARTE:
As persoas interesadas en participar neste concurso deben ler e aceptar as bases íntegras da convocatorias no sitio web convocatoria e bases do concurso


Para máis información descargar os arquivos adxuntos:

ARQUIVOS ADXUNTOS:
bases_concurso_fotografia_e_concurso_videos.pdf  410 KB
certame2011_foto_e_microvideos.pdf  1410 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100