• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Obradoiro "Xénero e Igualdade. Análise dos factores que interveñen na desigualdade"
23/05/2013    Máis novas
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro de carácter gratuíto:

“XÉNERO E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES. ANÁLISE DOS FACTORES QUE INTERVEÑEN NA DESIGUALDADE”

Dirixido a : todas as persoas interesadas

Formadora: Rosa Faraldo Rivas (Psicóloga)

Obxectivo: visibilizar e identificar dun xeito práctico as desigualdades de xénero existentes nos distintos ámbitos e esferas das nosas vidas e reflexionar sobre as repercusións e consecuencias que estas diferenzas teñen na vida de mulleres e homes.

Contidos:

As manifestacións de desigualdade de xénero na vida cotiá.

O sistema de relación sexo-xénero. A socialización diferenciada.

A división sexual do traballo.

A perspectiva de xénero como instrumento de análise e marco de intervención.

A violencia de xénero.

O desenvolvemento do programa constará de 6 horas en total, distribuídas en 2 sesións de 3 horas de duración cada unha.


Período e horarios: o xoves 6 e o venres 7 de xuño de 18.30 a 21.30h

Lugar de realización: Casa das Mulleres, rúa Romil, 20 .

Inscrición previa. Prazas limitadas. As persoas interesadas deberán inscribirse na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello, ou ben a través do tfno. 986 810 284



imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100