• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Obradoiros na Casa das Mulleres
10/03/2014    Máis novas
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para os seguintes obradoiros de carácter gratuíto que se impartirán na Casa das Mulleres.

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo.

Inscrición previa desde o día 7 de marzo e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 h.

Lugar de realización dos obradoiros: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20 .


Obradoiro: “ UNHA VIAXE COAS PINTORAS DAS VANGARDAS ”

Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.

Obxectivos:

Viaxar a través do tempo co fin de ampliar os nosos coñecementos artísticos e culturais enfocando o tema das Vangardas Europeas dun xeito persoal e íntimo.

Empregar os medios plásticos como ferramenta para sacar eses sentimentos agochados e a vangarda proposta á visualización externa.

Explicar o papel da muller neste contexto e o seu valor artístico na historia das vangardas.

Datas: todos os xoves desde o 20 de marzo ata o 19 de xuño.

O desenvolvemento do programa consta de 36 horas en total, distribuídas en 12 sesións de 3 horas de duración cada unha.

Horario: de 18:00h a 21:00 h.


Obradoiro: “A RISOTERAPIA PARA MELLORAR A NOSA CALIDADE DE VIDA”

Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.

Obxectivo: promover a mellora da saúde física, mental, emocional e social das mulleres a través da risa.

Datas: todos os martes desde o 25 de marzo ata o 3 de xuño.

O desenvolvemento do programa constará de 20 horas en total, distribuídas en 10 sesións de 2 horas de duración cada unha.

Horario: de 10:00h a 12:00 h.


imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100