• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro "OS NOVOS FEMINISMOS"
02/10/2014    Máis novas
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o seguinte obradoiro de carácter gratuíto que se impartirá na Casa das Mulleres.
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás persoas empadroadas en Vigo.

Inscrición previa desde o día 3 de outubro ata cubrir prazas, na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30 h, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:30 a 14:30 horas.

“OS NOVOS FEMINISMOS”

Dirixido a : homes e mulleres maiores de 18 anos.

Contidos:
A análise da desigualdade.A antropoloxía e o xénero: de onde procede a desigualdade entre homes e mulleres?. As achegas dende a antropoloxía feminista.
Os novos movementos feministas: feminismo pos-colonial; ecofeminismo; feminismo queer e ciberfeminismo.
Globalización e xénero. Retos de futuro: a economía feminista e a análise dos coidados.

O desenvolvemento do programa constará de 21 horas en total, distribuídas en 7 sesións de 3 horas de duración cada unha.

Período e horarios:os xoves desde o 23 de outubro ata o 4 de decembro de 17.30 a 20.30 h.

Lugar de realización: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20.

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100