• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Anuncio da data de sorteo para @s participantes do ciclo infantil
08/04/2016    Máis novas
O vindeiro martes, 12 de abril, ás 10h, nas dependencias da Concellería de Igualdade (1ª planta da casa do concello) procederase a realizar o sorteo de 3 lotes de libros infantís e/ou xuvenís entre as nenas e os nenos que cubriron e entregaron a folla de participación, que se lles facilitou en cada unha das proxeccións dos filmes do ciclo de cine infantil. Ciclo organizado en marzo, no Verbum, con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres.

O sorteo é público polo que as nais, pais ou tutor@s das nenas e dos nenos participantes poden presencialo acudindo, o día e hora indicada, ás dependencias da Concellería de Igualdade.

A organización contactará telefónicamente coas familias d@s premiad@s para informalas do resultado do sorteo e informalas da data na que deben acudir para recoller o agasallo.

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100