• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Presentación do libro "ELAS" de Aurora Marco e inauguración da exposición que o acompaña
12/05/2016    Máis novas
A Concellería de Igualdade convídavos a asistir ao acto de presentación do libro “Elas “ da escritora Aurora Marco, acto que inaugurará a mostra que baixo o mesmo título estará exposta na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura desde o día 18 de maio ata o día 19 de xuño.

O libro "ELAS" (A Xanela Editorial) é unha compilación de biografías seleccionadas ad hoc, que permite ter unha visión do papel determinante que tiveron na sociedade do seu tempo as mulleres galegas.

O acto de presentación terá lugar o mércores, 18 de maio ás 20h coa charla-coloquio
“ Romperon barreiras e ocuparon espazos, ELAS” a cargo da autora, Aurora Marco. Este acto contará coa presenza da Concelleira de Igualdade Uxía Blanco e do editor Jose Manuel Calviño.
Lugar: salón de actos da Casa Galega da Cultura. Praza da Princesa, 2. Vigo

Ao remate da charla visitarase a exposición que acompaña a obra e que está composta por 38 cadros de 8 pintoras galegas: Chelo Rodríguez, Ehlaba Carballo, Irene Silva Xiráldez, María Manuela, María Xesús Díaz, Novais, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro.
Estas pinturas forman parte dos contidos do libro, reproducidas e impresas en cuadricromía. Con estas obras as pinturas nos dan a súa visión, a través da plástica, da vida e obra das mulleres galegas.

Esta mostra poderase visitar ata o 19 de xuño nos seguintes horarios:

De luns a venres, de 18:00 a 21:00h
Sábados, de 12:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h
Domingos e festivos, de 12:00 a 14:00h

Entrada libre ata completar aforo.

Nos arquivos adxuntos pódese descargar convite e cartel informativo

ARQUIVOS ADXUNTOS:
cartel_CONC_VIGO_elas_2_definitivo_(1).pdf  640 KB
invitacion_CONC_VIGO_elas_2__definitivo_(1).pdf  121 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100