• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Xornadas: "Co-educa. Coeducación para previr a violencia de xénero e para a promoción dunha cultura en Igualdade"
04/10/2019    Máis novas
Xornadas: "Co-educa. Coeducación para previr a violencia de xénero e para a promoción dunha cultura en Igualdade" , que se desenvolverán en Vigo durante os días 6 e 7 de novembro pola tarde.

Organiza: Concellería de Igualdade do Concello de Vigo

Persoas destinatarias: preferentemente a profesorado, persoal docente e comunidade educativa en xeral, así como a  persoas e entidades que realizan a súa intervención no eido educativo.

Obxectivos:
.- Fomentar a coeducación para previr a violencia de xénero e a promoción dunha cultura en        igualdade , que detecte e rexeite as novas formas de violencias machistas, e permita        visibilizar á comunidade educativa novos modelos de relación baseados na igualdade.

.- Difundir as experiencias de traballo en igualdade desenvolvidas nos centros de ensino coa finalidade de expor as boas prácticas a todo o profesorado da contorna e propiciar o intercambio de coñecemento.

Lugar: salón de actos da UNED. Auditorio Mar de Vigo

Inscrición:
As persoas interesadas en asistir deberán formalizar a inscrición enviando os datos solicitados no formulario existente no programa a través do enderezo electrónico xornadas.igualdade@vigo.org ou a través do noso fax 986 430 082.

As prazas outorgaranse por rigurosa orde de inscrición atendendo a que a organización reservará o 70% das prazas para o profesorado que se atope prestando servizo en centros sostidos con fondos públicos.

A Concellería de Igualdade confirmará a praza a aquelas persoas que a obteñan

Homologación:
Concedida a homologación previa da formación pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Diploma acreditativo:
A Concellería de Igualdade expedirá diploma acreditativo de asistencia


Máis información: no programa adxunto en arquivos .pdf e .jpg



ARQUIVOS ADXUNTOS:
exterior_folleto_xornadas_coeducacion.jpg  319 KB
interior_programa_xornadas_coeducacion.jpg  252 KB
programas_xornadas_coeducacion(1).pdf  338 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100