• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Programa de actividades da Casa das Mulleres xaneiro-xuño 2020
17/01/2020    Máis novas
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo abre o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán na Casa das Mulleres (r/ Romil 20):

.- OBRADOIRO “TEATRO PARA A VIDA”

.- OBRADOIRO “ARTE, PAISAXE E XÉNERO”

.- OBRADOIRO "COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS"

.- "ESCOLA FEMINISTA DE EMPODERAMENTO: CREANDO SORORIDADE"

.- "FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA MONITORADO DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E DE OCIO E TEMPO LIBRE"

PROCESO DE INSCRICIÓN PARA TODAS AS ACTIVIDADES:

Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición adxunta (formato editable) e unha vez firmada deberá enviarse á Concellería de Igualdade ou a Casa das Mulleres, ben en persoa ou por email. Enviarase unha ficha por cada unha das actividades solicitadas.

Prazo de inscrición: dende a publicación da presente convocatoria e ata cubrir prazas.

Lugar de inscrición:

na Casa das Mulleres (Romil 20, de luns a venres, 17:30-21:30h; ou casadasmulleres@vigo.org); ou

na Concellería de Igualdade (1º andar do Concello de Vigo, de luns a venres, 9:00-13:30; ou ofi.muller@vigo.org)

Criterios de admisión nas actividades con límite de prazas: terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran algún curso sobre a mesma materia. Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude. Prazas limitadas.

Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono/whatsapp

Entrega de diplomas: en todas as actividades (agás a "Escola feminista de empoderamento") entregaranse diplomas acreditativos de aproveitamento do curso sempre e cando o alumnado asista como mínimo ao 80% da formación.

Pódese descargar a programación completa e a folla de inscrición nos arquivos adxuntos:

ARQUIVOS ADXUNTOS:
Ficha_Inscricion_formato_editable.pdf  191 KB
Cartel_programa_actividadades_xaneiro_xuno_2020.jpg  420 KB
Programa_xaneiro_xuno_2020_Casa_das_Mulleres.pdf  313 KB
Programa_actividades_xaneiro_xuno_2020_pax_1.jpg  556 KB
Programa_actividades_xaneiro_xuno_2020_pax2.jpg  625 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100