• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Aberto prazo de inscrición das Xornadas de Coeducación " Perspectivas e retos para a prevención da violencia de xénero"
17/11/2020    Máis novas
Xornadas de Coeducación: "Perspectivas e retos para a prevención da violencia de xénero" que a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo organiza os días 2 e 3 de decembro de 2020, no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Relatoras como Mª Sonia Fernández Casal, Luz Castro Pena, Marián Moreno Llaneza e Carmen Ruíz Repullo compartirán con nós experiencias e ferramentas para acadar os obxectivos da xornada.

Obxectivos:
Fomentar a coeducación como ferramenta de prevención de violencia de xénero e e promoción da igualdade, amosando modelos coeducativos que favorecen a aprendizaxe de vivir en igualdade.

Achegar novas ferramentas didácticas coeducativas que facilitan a identificación e o traballo na prevención da violencia de xénero.

Persoas destinatarias:
Profesorado e comunidade educativa en xeral
Entidades que realizan a súa intervención no eido educativo
Asociacións de mulleres da cidade

Temporalización:
2 e 3 de decembro de 2020
7 horas e 30 minutos

Ubicación:
Día 2 de decembro en modalidade presencial no Auditorio Municipal. Aforo limitado. Por razóns sanitarias do momento en relación coa COVID-19 a organización poderá trasladar esta sesión a modalidade on-line
Día 3 de decembro en modalidade on-line

Diploma:
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo emitirá diploma acreditativo ás persoas que asistan á totalidade das xornadas, realizando control de asistancia nas dúas sesións.

Inscrición:
Prazo de inscrición aberto ata cubrir prazas
As persoas interesadas en asistir a estas xornadas deberán cubrir o folla de inscrición adxunta (está en formato editable) e enviala cuberta ao seguinte enderezo electrónico: xornadas.igualdade@vigo.org ou a través do fax 986 430 082
As prazas outorgaranse atendendo á orde de inscrición e ás persoas e colectivos aos que van dirixidas.
As persoas que obteñan praza recibirán confirmación por parte da organización das xornadas.

PROGRAMA:
Máis información sobre o programa: contidos, relatorios, horarios, etc, no programa adxunto en formato .pdf e .jpg


Descargar folla de insccrición e programa nos seguintes arquivos:

ARQUIVOS ADXUNTOS:
programa_xornadas_coeducacion_Concelleria_Igualdade_Vigo.pdf  3345 KB
folla_de_inscricion_formato_editable.pdf  2234 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100