• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Presentación do programa "TANTO MONTA, MONTA TANTO"
23/09/2009    Máis novas
Esta mañá a concelleira de igualdade presentou aos medios o programa de fomento da corresponsabilidade doméstica e familiar: "tanto monta, monta tanto".

A concelleira afirmou na presentación que se trata dunha nova edición do programa "Vivir en parella é cousa de 2", cuxo periodo de inscrición comeza o vindeiro venres, 25 de setembro, ata completar o número de prazas.

Nesta nova edición, os cursos presentan diversas novidades respecto as anteriores. En primeiro lugar sinalou que os cursos poderán facerse nas asociacións veciñais, se así o reclaman, ademais dos lugares propostos pola concellería. Asemade, destacou a posibilidade de que se celebren en quenda de mañá, ademais de pola tarde, "co obxectivo de adaptarse ás demandas da cidadanía".

A concelleira de Igualdade sinalou que destinados a mulleres está prevista a celebración de dous cursos, Reparacións domésticas básicas e Mecánica e electricidade do automóbil. No primeiro caso, terá lugar no CIFP Valentín Paz Andrade do 15 de outubro ao 26 de novembro, os marte e xoves de 18 a 21 horas. O curso Mecánica e electricidade do automóbil celebrarase tamén neste centro do 19 de outubro ao 30 de novembro, os luns e mércores de 18 a 21 horas.

Destinados a homes e entidades veciñais que o soliciten terán lugar os cursos Preparo, cociño e comparto e Saberes e faceres domésticos. Respecto ao de cociña, celebrarase na Aula Sísifo de Formación de 19 de outubro ao 21 de novembro os luns de 19 a 22 horas e os sábados de 10.30 a 13.30 horas. O curso sobre tarefas domésticas impartirase tamén neste centro dende o 13 de outubro ao 15 de decembro os martes e xoves de 19.30 a 21.30 horas.

A edil subliñou que estes cursos "de moitísimo éxito" reflicten o traballo que desenvolve a Concellería de Igualdade, así como un dos seus principais obxectivos, que consiste en "proporcionar ferramentas para superar as desigualdades na vida cotiá". Seguindo explicou Iolanda Veloso, os cursos tratan de "salvar a desigualdade na adquisición de coñecemento e o reparto de tarefas". Neste sentido, explicou que son as mulleres as que transmiten os coñecementos sobre a cociña e o coidado da roupa ás propias mulleres, mentres que os homes non reciben esta preparación. Do mesmo xeito, as mulleres non contan cos coñecementos desenvolvidos tradicionalmente por homes, relacionados coa reparación dos pequenos electrodomésticos ou a electricidade e a mecánica do automóbil.

Ademais, o programa organiza dous cursos mixtos, Podo comunicarme mellor e O coidado das persoas dependentes, co obxectivo de que homes e mulleres "se complementen no desenvolvemento deste tipo de tarefas". O curso Podo comunicarme mellor terá lugar dende o 21 de outubro ao 16 de novembro na Casa de Mulleres os luns e os mércores de 18.30 a 21 horas. Pola súa banda, O coidado das persoas maiores impartirase do 15 de outubro ao 24 de decembro no Centro de Estudos de Povisa os martes e xoves de 18.30 a 21 horas.

ARQUIVOS ADXUNTOS:
1253625279folleto.pdf  1034 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100