• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaPublicacións  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Publicacións
Informe territorial desde a perspectiva de xénero de mulleres e homes de Vigo 2012
10/09/2013    Máis publicacions
Dito informe é o resultado dun convenio de colaboración entre a Asociación Mulleres Progresistas de Vigo e a Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado dentro do Plan de Emprego do Concello de Vigo 2012.

O Informe que a continuación se presenta ten como finalidade reflectir a situación sociodemográfica das mulleres e homes de Vigo dende a perspectiva de xénero, co obxectivo de proporcionar á Administración Local unha panorámica acerca das diferenzas e desigualdades existentes entre mulleres e homes da cidade, coa finalidade de facilitar o deseño e planificación de programas públicos adaptados á realidade social do municipio.

A elección desta investigación ven determinada pola súa inclusión no IV Plan Integral de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes de Vigo 2009-2012, que, concibido como instrumento de intervención política dirixida a favorecer e impulsar o proceso de transformación social das relacións de xénero na nosa cidade, establece no Eixe de Empoderamento, Visibilización e Participación Social a elaboración dun “Estudo sobre a situación social das mulleres de Vigo” coa finalidade de visibilizar a súa situación social e a súa contribución ao desenvolvemento das distintas sociedades, valorando, o traballo que tradicionalmente veñen realizando e recoñecendo a súa participación e as súas achegas aos distintos campos.

Os datos que se expoñen teñen como misión coñecer, analizar e visibilizar, a situación diferencial da poboación masculina e feminina en distintas áreas: Territorio e medio, Estrutura demográfica, Educación e formación, Mercado laboral, Saúde, Benestar e calidade de vida, Deporte, Violencia de xénero, Conciliación da vida laboral, familiar e persoal e Participación e toma de decisións.

O informe completo elaborado por Mulleres Progresistas pode consultarse no arquivo adxunto:

ARQUIVOS ADXUNTOS:
INFORME_TERRITORIAL_VIGO_mulleres_progresistas.pdf  3514 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100